Ourol Informa
Está aberto o prazo de solicitude para o Programa Benestar en Balnearios 2023 da Xunta de Galicia, dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou de 55 e, neste caso,  debe reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
O desenvolvemento do programa terá lugar durante o período comprendido entre o 22 outubro e o 31 de decembro do ano 2023.
Ofértanse estancias de 10 días (9 noites) en balnearios das 4 provincia galegas en réxime de pensión completa.
O prazo de solicitude remata o vindeiro 18 de outubro de 2023.
Os prezos por praza oscilan entre os 269,17€ e 377,89€.
Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.


Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 18-Septiembre-2023 13:23