RECORDATORIO:
PROXECCIÓN DOCUMENTAL “CHICAS NUEVAS 24 HORAS” HOXE MARTES 25 DE MARZO ÁS 16:00 HORAS NO EDIFICIO MULTIUSOS. DIRECCIÓN MABEL LOZANO
RECORDATORIO:
PROXECCIÓN DOCUMENTAL “CHICAS NUEVAS 24 HORAS” HOXE MARTES 25 DE MARZO ÁS 16:00 HORAS NO EDIFICIO MULTIUSOS. DIRECCIÓN MABEL LOZANO
25-Marzo-2025 11:30
Información Xeral
O Instituto Galego de Vivenda e Solo por Resolución do 17 de marzo de 2025, procede a convocatoria das axudas do PROGRAMA DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE e ás vivendas para o ano 2025.
PRAZO: Dende o día 27/03/2025 ata 28/04/2025.
24-Marzo-2025 14:23
Información Xeral
EXPOSICIÓN SITA NO EDIFICIO MULTIUSOS DO 17 AO 31 DE MARZO.
PROXECCIÓN DOCUMENTAL “CHICAS NUEVAS 24 HORAS” O MARTES 25 DE MARZO AS 16:00 HORAS NO EDIFICIO MULTIUSOS. DIRECCIÓN MABEL LOZANO
19-Marzo-2025 09:51
Información Xeral
Por causa dunha avaria no abastecemento de auga na Mezquita, vaise cortar a auga en todo o pobo ata o arranxo de dita avaria.
Perdoen as molestias.
14-Marzo-2025 11:29
Información Xeral
BO DIA!!
Por motivo dunha avaria no abastecemento de auga na zona da Molinera carretera da Esculqueira, vaise cortar a auga ata que se arranxe dita avaria.
Perdoen as molestias.
14-Marzo-2025 10:25
Información Xeral
O MÉRCORES 19 DE MARZO DE 11,00 H. A 14,00 H. ESTARÁ INSTALADA A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE NA PRAZA DO CONCELLO
13-Marzo-2025 13:45
Información Xeral
Boas tardes, informamos que o Alcalde mantivo hoxe, 10 de marzo, unha xuntanza co Xerente do SERGAS, para exporlle os problemas do Centro de Saúde da Mezquita e o Xerente comprometeuse a manter o/a médico/a a xornada completa, manifestando que o servizo está garantizado.
Polo tanto, estaremos atentos para o seu cumprimento, e se non, seguiremos coas mobilizacións.
10-Marzo-2025 19:39
Información Xeral
Persoal da Deputación Provincial de Ourense están cambiando nestes días polos domicilios, os contadores de auga analóxicos por outros dixitais nos pobos da Mezquita, O Pereiro, Chaguazoso, Manzalvos e Santigoso, polo que se pide COLABORACIÓN dos veciños e veciñas para facilitar ditos cambios.
26-Febrero-2025 14:39
Información Xeral
Nota informativa
¿Cómo reducir a Taxa do Lixo?
Existen 2 formas:
1.- FACENDO COMPOSTAXE DOMÉSTICA (modelo A)
2.- POR USO DO PUNTO LIMPO DA GUDIÑA (modelo B)
Para elo hai que solicitalo á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE a través dos modelos que se adxuntan antes do día 28/02/2025
DATOS NECESARIOS:
- Enderezo onde se fai a compostaxe
- Referencia Catastral do sitio
-Fotografía onde se fai a compostaxe (na finca, horta ou xardín onde se ubique)
24-Febrero-2025 18:30
Información Xeral
A Xunta de Galicia convoca o programa Bono ALUGUEIRO MOCIDADE para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.
Requisitos:-Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
-Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
- Ser titular ou estar en condicións de subscribir en Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda ou, en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso.
-Dispoñer dunha fonte regular de ingresos.
-Dispoñer dunhas rendas anuais, incluídas as das persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada ou cedida ou que se vai arrendar ou ceder, consten ou non como titulares dun contrato de arrendamento ou cesión, iguais ou inferiores a 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
A renda mensual da vivenda ou o prezo de cesión da vivenda obxecto do contrato de alugamento ou de cesión non poderá superar os 400 € no noso Concello.
Contía, duración e retroactividade das axudas:
- Concederase unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.
- A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos.- Poderán recoñecerse desde o 1 de xaneiro de 2025, aínda que a data de recoñecemento fose posterior, sempre que o correspondente contrato de alugamento ou cesión de uso estivese vixente nesa data.
O prazo de presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ao 28 de marzo de 2025As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario VI482E
Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2025 e en https://igvs.xunta.gal/bono-aluguer-mocidade
21-Febrero-2025 13:44
Información Xeral
Que co fin de reclamar unha Sanidade digna no Concello da Mezquita para non quedar sen médico, nin télo a medias, convócanse a tódolos veciños e veciñas do Concello na porta do Centro de Saúde da Mezquita, para manifestarse os luns, mércores e venres ás 12,00 h.
Vémonos o LUNS 24 ÁS 12,00 h.
21-Febrero-2025 13:41
Información Xeral
Persoal da Subdelegación do Goberno personarase no Concello para celebrar unha Sesión Informativa moi básica e práctica, co fin de facilitar a obtención do Certificado Dixital, tan necesario para a realización de trámites coa Administración.
A data da Sesión non está determinada e se anunciará próximamente en función do número de veciños que se inscriban.
PARA INSCRIBIRSE:
Por teléfono nas oficinas do Concello (GRATUÍTO)
TELF. 988425541
12-Febrero-2025 13:10
Información Xeral
No DOG nº 28 de 11 de febreiro , veñen de publicarse a seguinte convocatoria:
CURSOS BÁSICOS DE PROTECCIÓN CIVIL para os CANDIDATOS/AS a voluntarios de Protección Civil, na modalidade SEMIPRESENCIAL REQUISITOS:
Cursos básicos: Estar inscrito/a como candidato/a a voluntario/a na correspondente AVPC do teu concello ou mancomunidade, inscrita no Sistema Integrado de Protección Civil de Galicia e dispoñer de ordenador e acceso a internet.
SOLICITUDES:
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nestas resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática disponible na páxima web da AGASP (https://agasp.xunta.gal/gl); non se admitirá ningún outro tipo de solicitude.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
A partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 24 de febreiro. En caso de dúbidas poderán chamar a AGASP a través dos números 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
LIGAZÓN CONVOCATORIA:
Cursos básicos:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250211/AnuncioO3C2-050225-0001_es.html
11-Febrero-2025 10:23
Información Xeral
Polo 8M., este ano, colgamos o mandil.
Pintaremos un mandil que logo colgaremos nos nosos balcóns e ventás
ESCULQUEIRA- o luns 10 de febreiro ás 15:45h
CHAGUAZOSO- o luns 10 de febreiro ás 16:50.
VILAVELLA - martes 18 de febreiro ás 11:30h
A MEZQUITA martes 18 de febreiro ás 16:00h (edificio multiusos)
Agardámoste!!!!
07-Febrero-2025 11:25
Información Xeral
Serán subvencionados os seguintes programas:
- TERMALISMO SAUDABLE
- PROGRAMA DE CULTURA TERMAL
- PROGRAMA TERMALISMO AZUL
- PROGRAMA RESPIRO TERMAL
- PROGRAMA TERMAL CONTRA A SOIDADE NON DESEXADA.
Para calquera dúbida poden acudir á oficina de Servizos Sociais.
31-Enero-2025 14:27
Información Xeral
A AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL publicou no DOG Nº 19 DO 29/01/2025 a RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas e se anuncia a convocatoria para o ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).
Obxecto:
1-Establecer as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos, e convocar as correspondentes ao ano 2025.
2. As axudas consisten en subvencións directas de capital.
Beneficiarios/as:
- As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.
- Empresas que NON incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 €.
- Empresas que no momento de formular a proposta de resolución da axuda estean ao día nas débedas coas distintas administracións públicas: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.
- Empresas que conten cos permisos/licenzas administrativas preceptivas e cos rexistros pertinentes.
Proxectos subvencionables:
Proxectos subvencionables
a) Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais
2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.
3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración).
4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
6º. Artesanía e actividades artesanais.
7º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
8º. Comercio polo miúdo.
-As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co procedemento MR708A.
Máis información no enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-0001_gl.html
29-Enero-2025 14:16
Información Xeral
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, presenta o programa de axudas á emancipación da mocidade Bono emancípate.
A axuda farase efectiva a través dunha tarxeta virtual, a cal só poderá ser utilizada en establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establecementos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías, que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, para os gastos incluídos no artigo 7 da orde. Esta tarxeta non poderá ser utilizada en compras a distancia.
Poderán beneficiarse desta axuda as persoas físicas maiores de idade que reúnan unha serie de requisitos, que se indican no artigo 5, como son ter menos de 36 anos de idade; dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos na data da solicitude; non superar os umbrais de ingresos que establece a orde; ser titular na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda que teña unha duración mínima dun ano, ou ter subscrito como adquirente unha escritura pública de compravenda dunha vivenda, con posterioridade ao 31 de maio de 2024, entre outros.
A contía total da axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que, reunindo os requisitos establecidos nestas bases, soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as, e de 3.000 € para as que teñan adquirido unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 31 de maio de 2024 e en todo caso antes da data de remate do prazo de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 6 de febreiro de 2025 e estará aberto ata o día 30 de abril de 2025, ambos incluídos, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co procedemento CT501B.
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2025
29-Enero-2025 14:01
Información Xeral
Persoal da Subdelegación do Goberno personarase no Concello para celebrar unha Sesión Informativa moi básica e práctica, co fin de facilitar a obtención do Certificado Dixital, tan necesario para a realización de trámites coa Administración.
A data da Sesión non está determinada e se anunciará próximamente en función do número de veciños que se inscriban.
PARA INSCRIBIRSE:
Por teléfono nas oficinas do Concello (GRATUÍTO)
TELF. 988425541
28-Enero-2025 09:51
Información Xeral
No próximos días vaise activar a rede móbil de teléfonía de nova xeración no Concello, se algúns veciños detectaran problemas na visualización dos canles de televisión da TDT lembrarlles que poden porse en contacto con "LLEGA 700" ó longo dos próximos 6 meses (GRATUÍTO) a través de:
e-mail: ayuda@llega700.es
Teléfono: 900 833 999
24-Enero-2025 13:35
Información Xeral
Vaise ubicar un REMOLQUE DE RECICLAXE por todos os pobos do Concello para que os/as veciños/as podan verter nel, no seu apartado correspondete os residuos para a súa reciclaxe.
Dito REMOLQUE colocarase en principio no pobo de Esculqueira o día 27 de Xaneiro 2025 e irá rotando polos demáis pobos nas datas sinaladas segundo o cadro que se expón a continuación:
¿ONDE ESTARÁ O REMOLQUE?
ESCULQUEIRA
27, 28, 29 xaneiro TELECLUB
CHAGUAZOSO
30, 31 xaneiro e 1, 2 febreiro PRAZA
CÁDAVOS
3, 4, 5 febreiro PRAZA
MANZALVOS
6, 7, 8, 9 febreiro PRAZA
CASTROMIL
10, 11,12 febreiro PRAZA
SANTIGOSO
13, 14, 15, 16 febreiro PRAZA
A CANDA
17, 18 febreiro PRAZA
VILAVELLA
19,20, 21, 22, 23 febreiro PRAZA
PEREIRO ABAIXO
24, 25, 26 febreiro PRAZA
PEREIRO ARRIBA
27, 28 febreiro EXPLANADA RTE. D. PEPE
PEREIRO ARRIBA
1, 2 marzo EXPLANADA RTE. CARRIZO
A MEZQUITA
3, 4, 5, 6 marzo PRAZA CONCELLO
22-Enero-2025 10:20
Información Xeral
No DOG nº 12 de 20/01/2025 a Consellería deo Medio Rural publicou a Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.
Requisitos:
- Levar realizando a actividade apícola con anterioridade ó 1 de xaneiro 2025
- Ser titular dunha explotación con maís de 15 colmeas (individual) e 50 colmeas (transhumancia)
- Realizar un tratamento de varroose ó ano.
- Ter seguro de responsabilidade civil das colmeas
- Ter realizada a declaración censual anual obrigatoria referida o 31 de decembro de 2024 antes do día 1 de marzo de 2025.
Prazo: 20 de Febreiro 2025
Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250120/AnuncioG0426-121224-0009_gl.html
22-Enero-2025 10:05
Información Xeral
No DOG nº 12 de 20/01/2025 o INSTITUTO GALLEGO DE LA VIVIENDA Y SUELO publicou a RESOLUCIÓN de 30 de decembro de 2024 pola que se convoca oPrograma de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Caminos de Santiago e da Ribeira Sacra para o ano 2025 (código de procedimento VI408Q).
Beneficiarios: As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. As agrupacións de persoas propietarias. As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de edificios ou vivendas.
Requisitos:
- Estar en posesión da cualificación definitiva das obras
- Vivendas unifamiliares rematadas antes de 2006
- O 50% da superficie construída sobre resante teña uso residencial.
- Licencia municipal de obras ou comunicación previa.
- Proxecto de ejecución ou memoria técnica asinada por técnico competente.
- As obras non poderán estar iniciadas antes do 1/01/2025
Actuacións subvencionables (artigo sexto da citada Resolución)
• As actuacións de rehabilitación que teñan por obxecto:
- Actuacións destinadas a garantir a seguridade.
- Actuacións destinadas a garantir a protección frente a agua e humidade
- Actuacións destinadas a garantir as condicións de salubridade da vivenda
- Actuacións destinadas a adecuar, total ou parcialmente, á normativa vixente as instalación dos edificios e vivendas.
- Actuacións detinadas a mellorala protección frente ao ruido.
- Actuacións destinadas a garantir que as edificacións cumplan as condicións de ornato público, adecuación ao entorno e protección do patrimonio cultural e paisaxístico.
- Obras para mellorar as condicións de accesibilidade dos edificios e accesos a vivendas e locais.
• Actuacións de renovación que teñan por obxecto a construcción de edificios e vivenda ou vivendas de nova construcción, en sustitución de edificios ou vivendas previamente demolidos.
Contía de subvención: entre o 50%-75% ata 12.000 €
Prazo: dende o 27 de xaneiro ó 27 de Febreiro 2025
Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250120/AnuncioC3Q2-080125-0005_gl.html
22-Enero-2025 10:03
Información Xeral
Con data 15 de xaneiro de 2025, saíu publicada no DOGA n.º 9 Orde de 30 de decembro de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).
1.-Beneficiarios.- Asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, debidamente inscritas no rexistro público correspondiente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
2.-Obxecto e liña de axudas:
Liña 1.- As obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolva a súa actividade e as obras de mellora, reforma.
Liña 2.- Adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual.
3.-Importe das axudas:
Poderá comprender a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras (liña 1) e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos (liña 2).
4.-Forma e prazo presentación das solicitudes:
De forma electrónica ata o 17 de febreiro 2025
Enlace: (DOG páxina 3458): https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/2025/20250115/Secciones1_gl.h...
22-Enero-2025 10:00
Información Xeral
Con data 17 de xaneiro de 2025, saíu publicado no DOG nº11, Orde de 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D y TR341R).
a) Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar ás persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. Prazo solicitude: 24/01/25 ate 30/09/25.
b) Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento. Prazo solicitude: 24/01/25 ata 30/09/25.
c) Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron nos 42 meses de vida, o obxecto de mellorar a súa competitividade. Prazo solicitude 24/01/25 ata 30/09/25.
d) Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional. Prazo solicitude 24/01/2025 ate 30/09/2025.
e) Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R), destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas. Prazo solicitude 24/01/2025 ate 30/09/2025.
Enlace (DOG páxina 4488): https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/2025/20250117/Secciones1_gl.h...
22-Enero-2025 09:58
Información Xeral
Con data 17 de xaneiro de 2025, publicouse no DOGA N.º11 Orde de 27 de decembro de 2024 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e á formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR349F).
Requisitos xerais:
-Ser galego/a e nacida/o en Galicia, acreditar ou ter relación filial, conxugal ou análoga, estar en posesión da nacionalidade española e estar vinculado a un concello galego no padrón de residentes no exterior antes do retorno, estar empadroada nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos particulares:
- Que as persoas contratadas sexan desempregadas.
- Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende dende o 1 de outubro de 2024 e ata o 30 de setembro de 2025, ambas datas incluidas.
- Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ó mesmo día da solicitude de axudas.
- Que estén comunicadas ao Servizo Público de Emprego, a través da aplicación Contrat@ no prazo de 10 días hábiles dende o seu inicio.
Persoas beneficiarias:
Por esta orde, as persoas traballadoras autónomas o as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
Importes das axudas: 7.000,00€. primeira persoa traballadora, incrementándose ata 9.000,00€ no caso de que a persoa contratada pertenza a algún colectivo protexido, 9.000,00 para a segunda contratación, incrementándose para o caso que a persoa contratada pertenza a algún colectivo protexido. En calquera caso poderanse incrementar ata un 15% a maiores acumulables entre si, cumprindo determinados requisitos.
Prazo: 24/01/2025 ata 30/09/2025
Obrigas: a persoa beneficiaria deberá mantener na súa plantixa á persoa traballadora contratada por un tiempo mínimo de treinta e seis meses, no caso de baixa deberase substituir por outra coas mesmas condicións.
Enlace (DOG páxina 4283 ) : https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/2025/20250117/Secciones1_gl.h...
22-Enero-2025 09:55
Información Xeral