PROGRAMA LATEXOS DO RURAL NO CAMIÑO
UNHA PEREGRINACIÓN ARTÍSTICA DIRIXIDA POR RUBÉN RIÓS
Poesía, fotografía, pintura, teatro, música e moda
DÍA 5 DE XUÑO NO EDIFICIO MULTIUSOS DA MEZQUITA
-MAÑÁ de 11,00 a 14,00 h.
-TARDE de 17,00 a 21,00 h.
PROGRAMA LATEXOS DO RURAL NO CAMIÑO
UNHA PEREGRINACIÓN ARTÍSTICA DIRIXIDA POR RUBÉN RIÓS
Poesía, fotografía, pintura, teatro, música e moda
DÍA 5 DE XUÑO NO EDIFICIO MULTIUSOS DA MEZQUITA
-MAÑÁ de 11,00 a 14,00 h.
-TARDE de 17,00 a 21,00 h.
02-Junio-2021 10:19
Cultura
O SABADO DIA 5 DE XUÑO NO EDIFICIO MULTIUSOS DA MEZQUITA Á MAÑA DE 11 A 14:00 h e POLA TARDE e de 17 a 20:00 h , Ruben Riós presenta "LATEXOS DO RURAL NO CAMIÑO"
31-Mayo-2021 10:08
Información Xeral
CONVOCATORIA POSTO AUXILIAR AXUDA NO FOGAR
28-Mayo-2021 11:14
Emprego
No DOG nº 92 do 19 de maio de 2021 publicouse a orde para ofertar prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2021
PRAZO SOLICITUDES ATA O 28 DE MAIO
25-Mayo-2021 09:49
lnformación Xuvenil
Tódolos veciños/as interesados/as en asistir á Charla sobre o Terreo da solta do parasitoide Torymus Sinensis contra a avispiña do castiñeiro nun punto do pobo de Chaguazoso, deberán estar na Praza de Chaguazoso mañá 25 de maio ás 11,00 h.
O Xefe do Servizo Xeral de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia fará a solta do parasitoide e dará unha charla sobre o Plan de seguimento da afección da avispiña do castiñeiro.
24-Mayo-2021 14:24
Información Xeral
OFERTA POSTO DE EMPREGO DE AUXILIAR AXUDA NO FOGAR
14-Mayo-2021 11:38
Emprego
PONSE NO COÑECEMENTO DOS VECIÑOS QUE NAS OFICINAS DO CONCELLO ESTA EXPOSTO AO PUBLICO O PLAN DE SEGUIMENTO DA AFECCIÓN DA AVISPIÑA DO CASTIÑEIRO.
13-Mayo-2021 09:37
Información Xeral
No DOG Nº 87-BIS do 7 de maio 2021 publicaronse as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro
10-Mayo-2021 13:53
SANIDADE
DEPOSITARON NAS OFICINAS DO CONCELLO UNHAS CHAVES QUE FORON ATOPADAS NO POBO DO PEREIRO.
O PROPIETARIO PODE RECOLLELAS NAS OFICINAS DO CONCELLO
06-Mayo-2021 12:00
Información Xeral
O INSTITUTO DE VIVENDA E SOLO PUBLICOU AXUDAS DESTINADAS Ó ALUGUER DE VIVENDA PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE, VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO E PERSOAS AFECTADAS POLO COVID-19
Prazo ata o 30 de setembro 2021
INFORMACIÓN: Servizos Sociais nas Oficinas do Concello
26-Abril-2021 10:41
Servizos Sociais
AS PERSOAS FÍSICAS TITULARES DUN BEN INMOBLE PODEN SOLICITAR ESTA SUBVENCIÓN ATA O DÍA 31 DE MAIO (ACONDICIONAMENTO DE PECHES, TRATAMENTO DE PARADES MEDIANEIRAS, REVESTIMENTO E PINTADO DE FACHADAS, ETC.)
16-Abril-2021 14:23
Información Xeral
ATA O DÍA 30 DE XUÑO TODOS OS AUTÓNOMOS E PEMES CON ACTIVIDADE DE COMERCIO E HOSTELERIA PODEN SOLICITAR ESTA AXUDA PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA
16-Abril-2021 14:18
Información Xeral
A PARTIR DO DÍA 3 DE MAIO PÓDESE SOLICITAR O BONO ACTIVA COMERCIO PARA A OBTENCIÓN DE DESCONTOS EN COMPRAS NOS COMERCIOS RETALLISTAS ADHERIDOS AO EFECTO
16-Abril-2021 14:15
Información Xeral
NO BOP DO DÍA DE HOXE, 16 DE ABRIL PUBLÍCASE A CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE UNHA PRAZA DE CONDUTOR DE TRACTOR CON DESBROZADORA E O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DENDE O DÍA 19 AO 23 DE ABRIL EN HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS NAS OFICINAS DO CONCELLO
16-Abril-2021 14:10
Emprego
O DÍA 20 DE ABRIL ÁBRESE O PRAZO PARA O PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS
15-Abril-2021 14:12
Información Xeral
NO BOP DO DÍA DE HOXE 13 DE ABRIL PÚBLICASE A CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE DÚAS PRAZAS DE PEÓN DENTRO DO PROGRAMA DE EMPREGABILIDADE 2021 E O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
DENDE O DÍA 14 Ó 20 DE ABRIL EN HORARIO DE 9,00 A 14,00 HORAS NAS OFICINAS DO CONCELLO
13-Abril-2021 11:20
Emprego
OFERTÁNSE DENTRO DO PROGRAMA DE EMPREGABILIDADE 2021, DÚAS PRAZAS DE PEÓN E UNHA DE CONDUTOR DE TRACTOR CON DESBROZADORA.
09-Abril-2021 14:22
Emprego
Subvención código de procedemento VI422E, Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e accesibilidade en vivendas.
(DOGA num. 54 de 22/03/2021)
26-Marzo-2021 13:56
Información Xeral
Subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito de área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago para o ano 2021, en réxime de concorrencia non competitiva (DOG Nº 54 do 22/03/2021)
26-Marzo-2021 13:51
Información Xeral
A situación actual no Concello da Mezquita provocada polo COVID-19 obríganos a SUSPENDER a actividade á espera dunha nova data para a súa realización.
Agora é tempo de responsabilidade.
Informaremos con anterioridade suficiente cando se poida executar. Moitas grazas pola comprensión.
09-Marzo-2021 13:49
Información Xeral
Nivel de Restrición Máxima
(A partir do Luns día 8 de marzo)
MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECIFICAS PARA O CONCELLO DA MEZQUITA POR INCIDENCIA ACUMULADA SUPERIOR A 500 CASOS POR CADA CEN MIL HABITANTES
LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
4.Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
5.Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
9. Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
• Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.
• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non non conviventes.
• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
• Pechados ao público.
• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.
• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.
HOTEIS E ALOXAMENTOS TURISTICOS
• Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
• Servizos de hostalaría e restauración: Soamente para clientes aloxados.
ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS
• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite de 50% da súa capacidade, independentemente da súa superficie.
05-Marzo-2021 14:31
SANIDADE
O SERGAS PON A DISPOSICIÓN DOS MAIORES DE 80 ANOS O TELÉFONO 981 569 540, SÓAMENTE EN CASO DE QUE NON FORAN CITADOS PARA A VACINACIÓN E OS SEUS DATOS DA TARXETA SANITARIA NON ESTEAN ACTUALIZADOS
03-Marzo-2021 09:23
SANIDADE
A PARTIR DE MAÑÁ DÍA 2 DE MARZO ABRIRASE A FRONTEIRA DE MANZALVOS, SÓAMENTE OS DÍAS LABORAIS (FINS DE SEMANA PECHADAS),
EN HORARIOS DE 07,00 A 10,00 AM E DE 18,00 A 21,00 PM HORAS (HORA GALEGA)
01-Marzo-2021 14:32
Información Xeral
O MÉRCORES DÍA 3 DE MARZO A PARTIR DAS 15, 30 HORAS FARASE UN CRIBADO NO NOSO CONCELLO PARA A DETECCIÓN DO COVID A 350-400 PERSOAS DE IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 18 E OS 74 ANOS DE MODO ALEATORIO QUE SERÁN AVISADOS POLO SERGAS A TRAVÉS DUNHA MENSAXE .
O CRIBADO REALIZARASE NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DA MEZQUITA.
01-Marzo-2021 14:25
SANIDADE
RESTRICCIÓNS ALTAS A PARTIR DO 26/02/2021 NO CONCELLO DA MEZQUITA
DOG Nº 38 Bis 25/02/2021
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210225/2572/AnuncioC3B0-240221-3_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210225/2572/AnuncioC3K1-240221-5_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210225/2572/AnuncioC3K1-250221-1_gl.html PLAN HOSTALERÍA
26-Febrero-2021 10:41
Información Xeral