A primeira feira do mes de xaneiro por coincidir ao día seguinte festivo (día de reis magos), terá lugar o SÁBADO DIA 4 DE XANEIRO
A primeira feira do mes de xaneiro por coincidir ao día seguinte festivo (día de reis magos), terá lugar o SÁBADO DIA 4 DE XANEIRO
23-Diciembre-2024 13:24
Información Xeral
O vindeiro xoves, 19 de decembro,terá lugar na praza do Concello a partir das 12 ,00 horas o sorteo dos 5.000 euros do comercio local.
Tres pasaportes:
- 2.000 euros
- 1.500 euros
- 500 euros
Cesta de produtos valorada en 1.000 euros.
Achégate coa túa rifa para comprobar se eres o afortunado ( o sorteo NON é presencial e os números premiados gardaranse durante uns días)
16-Diciembre-2024 14:23
Información Xeral
O IMSERSO convoca prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo.
As persoas interesadas en participar poderán achegarse ao Departamento de Servizos Sociais para facer a súa solicitude.
11-Diciembre-2024 10:22
Información Xeral
Viaxe a Pazolandia dende A Mezquita.
Saida o día 30 de decembro ás 9:30h dende a praza do Concello.
Anotacións e información nas Oficinas Municipais.
04-Diciembre-2024 14:35
Cultura
O DÍA DE FEIRA 5 DE DECEMBRO UBICARASE NA PRAZA DO CONCELLO UNHA FOODTRUCK PARA PROMOCIONAR E RESALZAR OS PRODUTOS DO MAR OFRECENDO PEQUENOS PETISCOS DE FORMA GRATUÍTA
03-Diciembre-2024 12:31
Información Xeral
Ciclo de Talleres Online: ¡ENCONTRA E MELLORA A TÚA IDEA DE NEGOCIO!
prácticos e gratuitos
🔍 Descubre oportunidades de negocios 📅 2 dec. 16:00 - 19:30 h
ideas de negocio innovadoras tanto offline como online, análises de tendencias e cómo deseñar boas solucións acorde para que teñan éxito
🚀 Cómo lanzar o teu negocio dixital 📅 3 dec. 16:00 - 19:30 h
cómo comenzar co teu proxecto de maneira diferenciadora para namorar a túa clientela de forma online. Verase un caso práctico coas RRSS.
🎯 Prototipa: proba a túa idea antes de lanzala 📅 4 dec. 16:00 - 19:30 h
cómo testar un proxecto, obtendo retroalimentación da túa futura clientela, antes de poñelo en marcha con poucos recursos.
Estes talleres enmarcanse dentro do programa GENERACION IN, que engloba: formacións 📒, titorías individuais 👥, eventos 📅, axudas 💰de ata 2.200€ para alta de proxectos e 📲 recibirás información útil sobre ofertas emprego, formacións, axudas, etc. Máis información lee a nosa web https://accionsocial.accioncontraelhambre.org/es/programas-emprendimiento/generacion
🚀 Requisitos: entre 18 e 29 años, estar en desemprego, e inscrito en garantía xuvenil. programa online e gratuito
Formulario de inscripción: https://enketo.actioncontrelafaim.org/single/MDVV57Vd elixes a opción: Itinerarios de emprendemento xuvenil – Galicia
Contacto:
Raquel Argibay Raposo
Técnica de Emprendemento xuvenil -Galicia
rargibay@accioncontraelhambre.org
Móvil: 616.884.394
28-Noviembre-2024 13:48
lnformación Xuvenil
O vindeiro 25 de Novembro no Edificio Multiusos as 15:30h co motivo do día contra a violencia de xénero celebrarase a actividade de creación dunha figura de globos de forma cooperativa.
20-Noviembre-2024 12:00
Información Xeral
Chega o Nadal, e con el, o noso concurso de decoración.
Anímate a participar e faite cun dos vales para consumir no comercio local. Deixa que a túa creatividade voe libre.
Poderás presentarte de xeito individual ou en grupo.
Data límite para presentar as creacións na Casa do Concello: martes 17 de decembro 2024.
14-Noviembre-2024 14:16
Información Xeral
Dia Internacional da eliminación da violencia contra a muller..
Acto conmemorativo o día 25 de novembro de 2024 no Edificio Multiusos as 15:30 h
VIII Concurso de pintura infantil e xuvenil para a prevención da violencia de xénero e fomento da igualdade.
Iluminación morada da fachada do Concello.
14-Noviembre-2024 13:58
Información Xeral
Lémbrase que o vindeiro 11 de novembro (luns) é festivo local, polo que os Organismos Públicos permanecerán pechados.
05-Noviembre-2024 11:36
Información Xeral
Recollida de alimentos non perecedeiros: auga, leite, pasta, conservas, produtos de hixiene persoal....
Pódense entregar na CASA DO CONCELLO ata o xoves 7 de novembro.
04-Noviembre-2024 11:14
Información Xeral
Celebramos o Samaín en Chaguazoso o xoves 31 de outubro, a partir das 20:00 horas .
Todos os que desexen poderán participar nun paseo polo pobo con "truco ou trato" e un túnel do terror teatralizado.
O remate da actividade haberá un picoteo na Casa das Mulleres.
Para anotarse enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número 626516808
29-Octubre-2024 13:56
Información Xeral
Bonos Activa Comercio dende o 4 de novembro ata o 31 de decembro.
Para os comerciantes poden adherirse ata 15 de decembro o esgotamento de crédito dispoñible.
23-Octubre-2024 13:05
Información Xeral
O Instituto Galego de Vivenda e Solo, publicou no DOGA do día 23 de setembro de 2024 axudas para SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
Os pobos do Concello afectados por esta subvención son A Canda, Vilavella e O Pereiro.
Prazo remata o 23 de Outubro.
11-Octubre-2024 13:29
Información Xeral
DENDE HOXE QUEDA RESTABLECIDO O SERVIZO DE AUGA NO PEREIRO, ZONA DO RESTAURANTE VIA DA PRATA.
PERDOEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.
10-Octubre-2024 10:57
Información Xeral
DEBIDO A UNHA AVARÍA DE AUGA NA ZONA DO RESTAURANTE VIA DA PRATA (O PEREIRO) NON HABERÁ SUMINISTRO DE AUGA NESA ZONA ATA O SEU ARRANXO.
DISCULPEN AS MOLESTIAS.
09-Octubre-2024 10:13
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 11 de outubro ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de consumo unha actividade na que daremos uns pequenos consellos para aprender sobre Volta ao cole
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que suxan en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
08-Octubre-2024 14:19
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso XENERALIZADO para TODA GALICIA por CHOIVAS E VENTO. As CHOIVAS se iniciarán ás 00:00 horas do día 09/10/2024 e o VENTO ás 08:00 horas.
Así mesmo durante o día de hoxe se manteñen os niveis AMARELOS por choivas e ventos.
08-Octubre-2024 14:04
Información Xeral
ÁBRESE O PRAZO, ATA O 8 DE OUTUBRO (INCLUÍDO), PARA PRESENTAR OFERTAS PARA ALUGUER DO 1º ESQUERDA DAS VIVENDAS DOS MESTRES.
AS CONDICIÓNS E MODELOS DE SOLICITUDE, RECOLLIDOS NO PREGO, ESTÁN DISPOÑIBLES NA PÁXINA WEB (www.amezquita.gal) E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO DA MEZQUITA.
01-Octubre-2024 14:08
Información Xeral
SAN MARTIÑO 2024
Chega o outono e con el, a celebración do magosto Popular na Mezquita.
Sera o sábado 9 de novembro a partir das 19.00h na Casa da Cultura
Para cear: empanada, chourizos, panceta e castañas.
Concurso de cociña, carreira de sacos e o xa famoso ARRAPAÑACASTAÑAS.
FOLIADA durante a tarde (trae o teu instrumento) e o remate actuación de Festicultores Troupe -Cultivadores de Festas.
26-Septiembre-2024 11:34
Información Xeral
Actívase nivel LARANXA por chuvias para a PROVINCIA DA CORUÑA (NOROESTE, OESTE E SUROESTE) e provincia de PONTEVEDRA (RÍAS BAIXAS E INTERIOR).
Tamén se activa o NIVEL AMARELO por VENTOS que afectarán aos seguintes ámbitos xeográficos.
A CORUÑA (NOROESTE), LUGO ( A MARIÑA)
Comezará a primeira hora da tarde de mañá mércores 25, con ventos que poden acadar os 90 km/h.
A CORUÑA (OESTE, INTERIOR E SUROESTE)
LUGO (CENTRO E MONTAÑA)
OURENSE (NOROESTE E MONTAÑA)
PONTEVEDRA (INTERIOR) .
25-Septiembre-2024 09:55
Información Xeral
Axudas ás familias residentes en Galicia con nenos e nenas de ata doce anos de idade para atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante períodos vacacionais.
As persoas interesadas poderán informarse a través dos departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 17 de outubro.
23-Septiembre-2024 09:56
Información Xeral
PUBLICADO NO BOP Nº 181 DO 18 DE SETEMBRO DO 2024, O ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR AXUDA A DOMICILIO , DENDE MAÑA, DÍA 19 ATA O 25 DE SETEMBRO ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
LÉMBRASE QUE É PRECISO PRESENTAR VIDA LABORAL, CONTRATOS,...
18-Septiembre-2024 13:34
Emprego
“Plan ReActiva Ourense_Busca de Emprego”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.
Levaranse a cabo un total de catro programas, os dous primeiros leváronse a cabo en maio e xuño, e o terceiro terá lugar do 23 ao 27 de setembro. A duración total é de 15 horas de formación conxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% online a través da plataforma Zoom, e unha xornada presencial de dúas horas de duración. Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas da provincia de Ourense, deseñarase un itinerario formativo dotando ás participantes das habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/tEHxa6efz4BKe6di9
16-Septiembre-2024 17:19
Información Xeral
O vindeiro sábado 21 de setembro achegaremonos dende a praza de Chaguazoso ata o Penedo dos Tres Reinos onde nos encontrremos cos veciños de Hermisende (Zamora) e Moimenta (Portugal). Dende ali, poñeremos rumbo a Castromil para degustar un pequeno almorzo.
Inscricións ata o venres dia 20 de setembro na Casa do Concello (988425541)
16-Septiembre-2024 10:21
Información Xeral