CONVOCASE UNHA PRAZA DE AUXILIAR AXUDA NO FOGAR.
Prazo de solucitudes 5 dias hábiles dende a publicación no BOP
Para mais información no teléfono 988425541
CONVOCASE UNHA PRAZA DE AUXILIAR AXUDA NO FOGAR.
Prazo de solucitudes 5 dias hábiles dende a publicación no BOP
Para mais información no teléfono 988425541
12-Septiembre-2024 14:20
Información Xeral
QUEDAN ESTABLECIDOS OS HORARIOS NOS QUE XOGARÁN OS EQUIPOS INSCRITOS NO XII CAMPIONATO INTERMUNICIPAL O SÁBADO DÍA 24 DE AGOSTO 2024 NO PAVILLÓN MUNICIPAL DA MEZQUITA
22-Agosto-2024 13:12
Información Xeral
COMUNICAMOS ÓS USUARIOS DAS PISCINAS MUNICIPAIS QUE DENDE ONTE 21/08/2024 FUNCIONAN CON NORMALIDADE EN HORARIO DE 15,30 – 21,00 H.
22-Agosto-2024 12:44
Información Xeral
Por motivo dunha avaría no Pereiro de Abaixo, vaise cortar a auga en breves momentos, ata solucionar o seu arranxo.
Perdoen as molestias.
21-Agosto-2024 10:15
Información Xeral
AVISO
HOXE DÍA 20 DE AGOSTO AS PISCINAS MUNICIPAIS ESTARÁN PECHADAS POR ENFERMIDADE DO SOCORRISTA.
O BAR DAS PISCINAS SÍ ESTARÁ ABERTO Ó PÚBLICO A PARTIR DAS 16,00 HORAS
Disculpen as molestias
20-Agosto-2024 12:50
Información Xeral
NIVEL DE ALERTA LARANXA: TEMPERATURAS MÁXIMAS
09-Agosto-2024 13:30
Información Xeral
DOA SANGUE
Luns, 19 de agosto
UNIDADE MÓBIL
NA PRAZA DO CONCELLO
11:00 a 14:00 horas
09-Agosto-2024 09:09
Información Xeral
DÍA 24 DE AGOSTO 2024
CONCELLOS PARTICIPANTES: A MEZQUITA, HERMISENDE, LUBIÁN, PÍAS E PORTO
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 20 DE AGOSTO NO CONCELLO POLO QUE SE PARTICIPE
02-Agosto-2024 12:49
Información Xeral
O 14 DE AGOSTO as 20:00 HORAS DENDE A PRAZA DO CONCELLO TERÁ LUGAR ANDAINA NOCTURNA .
Teremos petisco e unha foliada popular.
ANOTATE na Casa do Concello antes do 10 de agosto
31-Julio-2024 14:32
Información Xeral
Segundo o calendario laboral aprobado para o ano 2024, recordase que o vindeiro 5 de agosto é festivo local, polo que os organismos públicos permanecerán pechados.
29-Julio-2024 18:38
Información Xeral
Galiza somos nós, os que loitamos por un rural sen futuro, un rural sen oportunidades no que decidimos traballar para reverter unha situación imposta dende fai décadas. Confiamos no noso, na nosa valía e na nosa maneira de ver as cousas. Celebramos o noso día con persoas que comparten un pensar, que teñen a certeza de que somos o pobo do saber, do sufrimento e da loita, un pobo que sabe espertar despois da morte e loitar ante as adversidades.
GALIZA somos nós, o pobo e maila xente, a nosa, a de sempre.
25-Julio-2024 12:36
Información Xeral
Por motivo dun enganche novo, vaise cortar a auga dende as 3 ata as 6 da tarde no día de hoxe ( xoves 18 de xullo) . na RUA REAL en Chaguazoso.
PERDOEN AS MOLESTIAS.
18-Julio-2024 13:37
Información Xeral
Por motivos dunha avaría vaise cortar a auga na zona vella da mezquita (calle) , ata arranxo de dita avaría.
PERDOEN AS MOLESTIAS.
17-Julio-2024 09:07
Información Xeral
POR MOTIVOS DUN ENGANCHE NOVO VAISE CORTAR A AUGA NA MEZQUITA, NA RUA NOVA (TRAS DA CASA) DENDE AS 9:10H DA MAÑA ATA FINALIZACIÓN OBRA.
PERDOEN AS MOLESTIAS.
11-Julio-2024 09:06
Información Xeral
O Concello da Mezquita adheriuse ó Convenio asinado entre a Deputación Provincial de Ourense e a Asociación ACCU Ourense - Asociación de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense co obxecto de mellorar a calidade de vida e a saúde das persoas afectadas pola enfermidade Inflamatoria Intestinal e ser PUNTO ACCU - ASEO ACCESIBLE
10-Julio-2024 14:09
Información Xeral
O Imserso convoca as prazas para pensionistas que desexen participar no programa de TURISMO SOCIAL para o ano 2024/2025.
Prazo de presentación de solicitudes remata o día 22 de xullo de 2024, no departamento de Servizos Sociais do Concello.
10-Julio-2024 10:12
Información Xeral
MAÑA VENRES DIA 5 DE XULLO ABRIRANSE AS PISCINAS MUNICIPAIS.
HORARIO: DE LUNS A DOMINGO DENDE AS 15:30 A 21:00h
04-Julio-2024 11:16
Información Xeral
SUBIDA DO NIVEL DE ALERTA: LARANXA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín emitido o día 26/06/2024 ás 10:32 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por TORMENTAS.
Estas tormentas está previsto que comecen a primeira hora da tarde de hoxe, afectando a LUGO (Montaña) probabilidade de saraibas Manténse o aviso AMARELO por TORMENTAS a primeira hora de hoxe en LUGO (Centro e Sur) e OURENSE (Montaña e Valdorras) que poderán vir acompañadas de saraibas.
Este fénómeno irá acompañado de CHOIVAS que poden acumular nunha hora 25 mm
26-Junio-2024 12:04
Información Xeral
O C.I.M. estará o día 28 de xuño na praza do Concello de 10,00 a 11,30 horas nunha mesa informativa. Os que se acheguen por alí recibirán un AGASALLO.
26-Junio-2024 09:57
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por TORMENTAS que afectará a LUGO (CENTRO, MONTAÑA E SUR), OURENSE (MONTAÑA E VALDEORRAS) Prevese que o fenómeno meteorolóxico adverso de comezo a primeira hora da tarde do
mércores 26/06/2024 e prolongaráse ata a media noite. Probabilidade de saraiba
26-Junio-2024 09:21
Información Xeral
Programa de voluntariado ambiental interxeracional VAI 2024
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xunto coa de Medio Ambiente e Cambio Climático, convocan, un ano máis, o programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2024 en 10 espazos naturais de Galicia. Nesta iniciativa, na que se realizan actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural galego, ofrécense 130 prazas e a participación é totalmente gratuíta.
Nesta cuarta edición serán un total de 10 actuacións as que se levarán a cabo durante as fins de semana de xullo a setembro.
Están programadas accións no Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada); nos parques naturais da Baixa Limia e Serra do Xurés, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, Fragas do Eume, e Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Os escenarios serán, polo tanto, 10 espazos naturais dos que compoñen o rico patrimonio natural de Galicia.
En cada unha delas, as actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, rios e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visibilización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais. Ademáis o programa procura fomentar a cooperación e a solidariedade desinteresada desde unha perspectiva interxeracional.
Requisitos de participación
Ter 18 anos cumpridos
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
Cumprimentar o formulario de inscrición
Prazo de inscrición
A inscrición comeza o 17 de xuño.
Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo.
Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigorosa orde de inscrición.
https://voluntariadogalego.org/es/noticias/programa-de-voluntariado-ambiental-intergeneracional-vai-...
24-Junio-2024 13:54
lnformación Xuvenil
BANDO:
En cumprimento do Plan galego de estatística 2022-2026 (Lei 16/2021, do 20 de decembro,DOG nº 249 do 29 de decembro de 2021) o Instituto Galego de Estadística estase a realizar a operación estatística “Enquisa estrutural a fogares”. Esta operación é unha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus membros etc.
A enquisa diríxese a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, sendo o Concello da Mezquita un dos concellos elexidos, cuias vivendas serán visitadas entre o 17 de xuño e o 30 de xuño por persoal enquisador debidamente acreditado para cubrir un cuestionario estatístico.
As vivendas seleccionadas recibiron unha carta remitida polo Instituto Galego de estatística na que se lles informaba do obxectivo da enquisa, dos medios facilitados para contestala (internet, teléfono gratuíto ou poñéndose persoal enquisador en contacto co fogar), da obriga de facilitar eses datos, tal e como indica o artigo 18 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e de que a información proporcionada é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico, segundo establecen os artigos 24-28 da citada Lei.
Dado o carácter OBRIGATORIO e OFICIAL da enquisa, dende o Concello informámoslles que poden colaborar en facilitar os datos ó enquisador acreditado.
Para calquera dúbida poden chamar o teléfono 900 102 104 do INSTITUTO GALEGO DE ESTADÍSTICA.
18-Junio-2024 12:51
Información Xeral
Para poder saber dunha avaria en Chaguazoso, vaise cortar a auga na Rúa Alegria no fondo da aldea, no día de hoxe un rato.
Disculpen as molestias
18-Junio-2024 11:45
Información Xeral
A Consellería de Política Social e Xuventude según a Orde do 6 de xuño de 2024 establece as bases reguladoras para a concesión de estadías en prazas en establecementos balnearios da Comunidade Autonoma de Galicia, dentro do Pograma Benestar en Balnearios e se procede a sua convocatoria (Código de precedemento BS607A).
O programa consiste:
En quendas que teñen unha duracion de 10 dias, con nove noites.
O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 17 de xuño e o 18 de decembro do ano 2024.
BENEFICIARIOS:
1. Ter cumpridos, 60 anos ou maior de 55 e reunir a condición de pensionista da Seguridade Social.
2. Estar empadroado nalgún Concello da Comunidade Autonoma
3.Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos , nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
4.- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
5.-Acadar de conformidade co baremo establecido a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
A persoa solicitante poderá ir acompañada polo seu conxuxe ou parella de feito, ou persoa que teña unha relación análoga a relación conxugal, ou por un fillo/a que teña un grao de discapacidade igual ou superior au 33%, sempre e cando este poida acudir sen axuda de terceira persoa, e comparta habitación cos proxenitores.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION
As solicitudes presentaranse telemáticamente a través do enderezo https://sede.xunta.gal. Opcionalmente poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento. O prazo para presentar as solicitudes será dende o día 18 de xuño ata o día 17 de xullo.
Para calquera dúbida poden acudir a oficina de Servizos Sociais do Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.
17-Junio-2024 19:20
Turismo
O Ministerio de Cultura convoca o convoca o programa Bono Cultural Joven 2024 para aquelas persoas novas que cumpran 18 anos en 2024
A axuda son 400 euros que se abonará en cartóns prepago personalizadas, para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais das seguintes categorías:
- Un máximo de 200 € para destinalo a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais, que inclúe entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cine, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións, festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais e espectáculos taurinos.
- Un máximo de 100 € para produtos culturais en soporte físico, que inclúe libros, revistas, prensa e publicacións periódicas, videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD e Blu-ray.
- Un máximo de 100 € para consumo dixital ou en liña, que inclúe subscricións e alugueres a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, e subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.
O prazo para solicitar o Bono estará aberto até as 23:59 horas do 16 de setembro de 2024.
As persoas interesadas en obter a axuda do Bono Cultural Joven de 2024 deberán presentar a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos cumprimentando o formulario dispoñible na plataforma web https://bonoculturajoven.gob.es
SERVIZO DE INFORMACIÓN XUVENIL
CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
Dirección Xeral de Xuventude
R/ Ramón Piñeiro, 17-19 baixo - 15702 Santiago de Compostela
Telf. 8819976-06/07/05/09 - www.xuventude.xunta.es
17-Junio-2024 13:19
lnformación Xuvenil