Concesión de axudas económicas destinadas a persoas coidadoras dentro do PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR para o exercicio 2024.
Infórmate nas oficinas do Concello no departamento de Servizos Sociais.
Concesión de axudas económicas destinadas a persoas coidadoras dentro do PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR para o exercicio 2024.
Infórmate nas oficinas do Concello no departamento de Servizos Sociais.
19-Abril-2024 14:11
Información Xeral
Entre os días 22 e 29 de abril (ambos inclusive), en horario de 9 da maña as 14:00 horas están para a consulta do CENSO ELECTORAL as listas correspondentes ás Eleccións ao Parlamento Europeo.
19-Abril-2024 13:49
Información Xeral
SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA REHALUGA
O PRAZO REMATA O DIA 4 DE NOVEMBRO DE 2024.
AS PERSOAS INTERESADAS PODERÁN INFORMARSE NAS OFICINAS DO CONCELLO. en horario de 9 da maña as 14:30H
17-Abril-2024 12:24
Información Xeral
Os bonos activa comercio son para todas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que compren bens a través dos bonos Activa Comercio nos establecementos adheridos a dito plan.
para a soliciude e obtención do bono, hai que darse de alta na web htpps//www.bonosactivacomercio.gal.
Poderase solicitar a partir do día 26 de abril.
17-Abril-2024 12:22
Información Xeral
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema O teu mellor verán, a Campaña de Verán de 2024 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
• Campamentos en Galicia.
Publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia o 16 de abril (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240416/AnuncioG0657-040424-0004_es.html) Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, desde o 17 ao 30 de abril.
• Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
• Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
• Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
• Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
• Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
• Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos (novo)
En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.
Para mais información: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
17-Abril-2024 09:59
lnformación Xuvenil
PUBLICADO NO BOP Nº 67 DO 5 DE ABRIL DO 2024 O ANUNCIO DE CONVOCATORIA DA SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL PARA 1 AUXILIAR AXUDA A DOMILICIO, DENDE O LUNS DÍA 8 ATA O MERCORES DÍA 10, ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
LÉMBRASE QUE É PRECISO PRESENTAR VIDA LABORAL, CONTRATOS, ETC....
05-Abril-2024 14:22
Emprego
CONVOCASE UNHA PRAZA DE AUXILIAR AXUDA NO FOGAR.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN NO PROCESO SERÁ DE 3 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO DÍA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN NO BOP.
04-Abril-2024 11:05
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos os venres do mes de abril ás 12.30 horas a través da aula virtual de consumo unhas charlas abertaa sobre varios temas de interese.
O PRÓXIMO VENRES DÍA 5 DE ABRIL ÁS 12,30 HORAS : HIPOTECAS
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. (Igual vos pide a modo informativo un usuario e correo electrónico)
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
03-Abril-2024 13:33
Información Xeral
Axencia Instituto Enerxético de Galicia publicou resolución polo que se establecen as bases reguladoras para proxectos de enerxía solar fotovoltaica.
Beneficiarios destas Axudas: Empresas legalmente constituidas e Autónomos.
Prazo das axudas o 19 de abril de 2024.
Infórmate nas oficinas do Concello ou no teléfono 988425541
02-Abril-2024 13:06
Información Xeral
Por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo, publicaron axudas para a Mellora da Accesibilidade nas Vivendas.
O prazo remata o 22 de abril.
Infórmate nas oficinas do Concello ou chama ao 988425541
02-Abril-2024 11:19
Información Xeral
O Venres 19 de abril de 11,00 a 14,00 horas estará na Praza do Concello a Unidade Móbil de doazón de sangue
02-Abril-2024 10:27
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos este venres 22 de marzo ás 12.30 horas a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre AS VIAXES
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. (Igual vos pide a modo informativo un usuario e correo electrónico)
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
20-Marzo-2024 14:30
Información Xeral
CONVÓCASE UN MINUTO DE SILENCIO MAÑÁ DÍA 21/03/2024 ÁS 12,00 HORAS DIANTE DO CONCELLO DA MEZQUITA PARA AMOSAR O NOSO REXEITAMENTO Á VIOLENCIA DE XÉNERO
20-Marzo-2024 12:43
Información Xeral
Inícianse as obras de 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗴𝗼𝘀𝗼 e das súas calles anexas, unha intervención pola que tanto os veciños deste pobo como o propio concello levamos tempo esperando. A intervención permitirá remodelar por completo a rúa San Roque en dúas fases. Para elo, levarase a cabo a 𝙙𝙚𝙢𝙤𝙡𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚 𝙥𝙞𝙘𝙖𝙙𝙤 𝙙𝙤 𝙛𝙞𝙧𝙢𝙚 𝙖𝙘𝙩𝙪𝙖𝙡, 𝙖 𝙘𝙤𝙡𝙤𝙘𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙖𝙙𝙤𝙦𝙪𝙞́𝙣 𝙙𝙚 𝙜𝙧𝙖𝙣𝙞𝙩𝙤 𝙢𝙤𝙧𝙚𝙣𝙤, 𝙤 𝙧𝙚𝙘𝙧𝙚𝙘𝙞𝙙𝙤 𝙙𝙤𝙨 𝙥𝙤𝙯𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙧𝙚𝙭𝙞𝙨𝙩𝙧𝙤 𝙚𝙭𝙞𝙨𝙩𝙚𝙣𝙩𝙚𝙨 𝙚 𝙖 𝙚𝙭𝙚𝙘𝙪𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝙛𝙞𝙧𝙢𝙚 𝙙𝙚 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙞𝙜𝙤́𝙣 𝙘𝙪𝙣 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙨𝙤𝙧 𝙙𝙚 𝟭𝟱 𝙘𝙚𝙣𝙩𝙞́𝙢𝙚𝙩𝙧𝙤𝙨. Unha remodelación moito máis acorde ó entorno no que se encontra esta rúa. Para elo, contarase co financiamento do programa “Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024”.
A segunda das fases levarase a cabo a través do Plan CooperOU 2024, 𝐮𝐧 𝐩𝐥𝐚𝐧 𝐮́𝐧𝐢𝐜𝐨 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐝𝐨 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐚 𝐢𝐧𝐬𝐢𝐬𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐁𝐍𝐆 𝐞 𝐝𝐨 𝐏𝐒𝐎𝐄 𝐪𝐮𝐞 𝐫𝐞𝐱𝐞 𝐚 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐠𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐮𝐧 𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐭𝐨 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐭𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐟𝐨𝐧𝐝𝐨𝐬, con criterios obxectivos, garantindo que os cartos cheguen a tódolos municipios da provincia ourensá
19-Marzo-2024 13:12
Información Xeral
No DOG de hoxe, 14/03/2024, ven de publicarse a convocatoria dos CURSOS DESCENTRALIZADOS DE 2º NIVEL para o persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estes cursos están dirixidos os voluntarios/as que teñan superado o curso básico de protección civil e que estean como voluntario/a en activo na correspondente AVPC.
Esta oferta inclúe dúas modalidades formativas. CURSOS SEMIPRESENCIAIS. Onde a parte teórica se imparte on line na plataforma da AGASP e a práctica se concentra nunha xornada formativa nun concello da provincia de Ourense. Esto favorece a flexibilidade horaria na formación do voluntario.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
O prazo é de 10 días naturais a partir do día seguinte desta publicación (do 15 o 24 de marzo.)
SOLICITUDES:
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da AGASP (https://agasp.xunta.gal/gl); non se admitirá ningún outro tipo de solicitude.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidades de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
LIGAZÓNS CONVOCATORIAS:
CURSOS FORMACIÓN DESCENTRALIZADA DE 2º NIVEL:
Adxunto a Resolución da convocatoria.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240314/AnuncioO3C2-080324-0001_gl.pdf
14-Marzo-2024 11:59
Protección Civil
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos este 15 de marzo aos VENRES DE CONSUMO RESPONDE con motivo da conmemoración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.
Polo que este venres 15 de marzo ás 12.30 horas celebrarase a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras relacionados co CONSUMO RESPONSABLE.
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. (Igual vos pide a modo informativo un usuario e correo electrónico)
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
14-Marzo-2024 11:42
Información Xeral
PLAN EDUCATIVO SEPE 2024
CURSOS GRATUÍTOS PARA AUTÓNOMOS E DESEMPREGADOS
Para poder formalizar a matrícula é necesario enviar a seguinte documentación:
- ANEXO I. SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN. Deberá achegar a ficha adxunta cumprimentada e asinada.
- FOTOCOPIA DNI.
- NÚMERO DA SEGURIDADE SOCIAL OU DOCUMENTO ACREDITATIVO.
- Para TRABALLADOR/A POR CONTA ALLEA: O ENCABEZADO DA ÚLTIMA NÓMINA E VIDA LABORAL ACTUALIZADA.- Para AUTÓNOMO/A: copia do ÚLTIMO RECIBO DE AUTÓNOMO e VIDA LABORAL ACTUALIZADA
- Para DESEMPREGADO/A: documento que acredite que se atopa en situación de DESEMPREGO.
Deberase enviar a documentación escaneada por email a este correo electrónico: cursos.formacion7@adehon.es
*IMPORTANTE: O nº de prazas é limitada, e o proceso de matriculación irá por orden de inscripción, polo que, se dará prioridade á persoa
que envíe a documentación o antes posible.
08-Marzo-2024 11:05
Formación
A Xunta de Galicia publica este programa (EBICI) dirixido ao fomento do uso de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas.
Beneficiarios da subvención persoas físicas maiores de idade, empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma, que non solicítanse a subvención no ano 2022.
O prazo de solicitude remata o día 15 de novembro, ou ata que se esgoten os créditos.
Para calquera dúbida poden acudir ás oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.
06-Marzo-2024 10:27
Información Xeral
Este Programa ten como finalidade ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega.
As actividades comenzarán a partir do 8 de marzo
Para calquera dúbida poden acudir ao departamento de Servizos Sociais .
06-Marzo-2024 10:18
Información Xeral
Co gallo da celebración do día 8 de marzo , "DIA DA MULLER" realizaremos unha viaxe para coñecer o Parque da Igualdade o Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense.
INSCRICIÓNS : 988425541- CONCELLO DA MEZQUITA ATA O DIA 11 DE MARZO.
SAIDA AS 15:00 HORAS DIANTE DO CONCELLO DA MEZQUITA
REGRESO AS AS 20:00 HORAS
05-Marzo-2024 14:19
Información Xeral
PROGRAMA DE ACTIVIDADES MARZO 2024:
DO 8 DE MARZO AO 8 DE ABRIL : A MALETA VIAXEIRA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
13 DE MARZO: VIAXE A OURENSE PARA VISITAR O PARQUE DA IGUALDADE Saida as 15:00 h e Regreso as 20:00 h.
SEGUNDA QUINCENA DE MARZO: OBRADOIRO - AIRES FRESCOS POLA IGUALDADE "DECORACIÓN DE ABANICOS" NAS PARROQUIAS DO CONCELLO.
O LUNS DIA 4 DE MARZO INFORMAREMOS DO PRAZO PARA ANOTARSE NAS DIFERENTES ACTIVIDADES.
01-Marzo-2024 11:04
Información Xeral
As persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, que se constituíron ou dado de alta, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2022 e a data da presentación da solictude.
O prazo remata o dia 28 de xuño do 2024
Para calquera dúbida poden acudir ás oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.
21-Febrero-2024 11:54
Información Xeral
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ten publicadas as resolucións pola que se establecen as bases reguladoras para enerxías renovables e uso térmico e para enerxía fotovoltaica.
O prazo para a solicitude destas axudas remata o 21 de marzo do 2024.
ESTAS AXUDAS TRAMITANSE A TRAVÉS DAS ENTIDADES COLABORADORAS ADHERIDAS AOS PROGRAMAS.
21-Febrero-2024 11:47
Información Xeral
O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou axuda para adquisición de vivenda do plan estatal de vivenda 2022-2025.
O prazo remata o día 31 de outubro do 2024.
A persoas interesadas en presentar a súa solicitude poderán informarse do resto dos requisitos e condicións nas oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas-
21-Febrero-2024 11:41
Información Xeral
O laboratorio de radon de Galicia con sede na Universidade de Santiago de Compostela intenta completar o mapa de radon da nosa comunidade. O Mapa de Radon de Galicia ten na actualidade 6080 medicións noutras tantas vivendas. Facemos medicións en todos os concellos dende hai uns anos pero a día de hoxe aínda quedan algunhas seccións censais nas que se precisa determinar a concentración de radon. Dende o laboratorio esperamos que poida cooperar con nós na difusión da información que se achega para que os cidadáns que o desexen poidan participar no proxecto.
¿CÓMO COLABORAR no procedemento para poder facer o estudo?
1. Precisamos o nome completo, a dirección exacta e número de teléfono para poder enviar o detector de radon.
2. O domicilio a medir debe ser vivenda habitual.
3. Habería que colocar o detector no dormitorio durante 3 meses. O detector chega por correo xunto coas instrucións de onde se debe colocar o detector, un formulario e un sobre con franqueo.
4. Pasado tres meses xa se pode enviar o detector de volta a o noso laboratorio, so hai que envolver o detector con papel de aluminio, e metelo no sobre franqueado xunto co formulario. A data de colocación e retirada son os datos mais importantes do formulario para poder revelar correctamente o detector.
5. Cando chega o detector a o laboratorio, procedemos co revelado tendo en conta as datas de colocación e retirada, desta maneira podemos calcular a concentración de radon que hai na casa. Cos datos obtidos enviamos un informe a o participante cos datos que constan no formulario.
CONTACTO:
Telf. 881812278 en horario de 9,00 a 14,00 h. de luns a venres
laboratorioradon.investigacion@usc.gal
--------------------- Laboratorio de radon de Galicia
Universidade de Santiago de Compostela
www.radon.gal
19-Febrero-2024 12:11
Información Xeral