O MARTES 31 DE OUTUBRO NO EDIFICIO MULTIUSOS A PARTIR DAS 4 DA TARDE TERÁ LUGAR MERENDA TERRORÍFICA OBRADOIRO PARA NENOS MAIORES DE 3 ANOS
O MARTES 31 DE OUTUBRO NO EDIFICIO MULTIUSOS A PARTIR DAS 4 DA TARDE TERÁ LUGAR MERENDA TERRORÍFICA OBRADOIRO PARA NENOS MAIORES DE 3 ANOS
26-Octubre-2023 11:03
Información Xeral
ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS PREFERENTEMENTE DESEMPREGADAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (AFD) 2023/2024
Formación subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.
AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS
Certificado profesional de nivel 2
Modalidade de impartición: 100% PRESENCIAL
Nº de horas en aula: 308 h .
Nº horas prácticas en empresa: 80 h.
Nº horas totais curso: 388h.
Fecha de inicio da acción formativa: 27/11/2023
Fecha estimada de fin da acción formativa: 12/03/2024
Horario de celebración da acción formativa: de 16:00 a 21:00h
Lugar de celebración do curso : Instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia. Rúa Gambrinus nº151, módulo 0,nave 3, 15008 A Coruña.
13-Octubre-2023 13:15
Formación
CURSO GRATUÍTO E PRESENCIAL DE 618 HORAS LECTIVAS
ASEMBLEA PROVINCIAL DE CRUZ VERMELLA EN OURENSE
NÚMERO DE PRAZAS: 15
05-Octubre-2023 09:30
Formación
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que este venres 6 de outubro ás 12.30 celebrares a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras con SERVIZOS BANCARIOS: MEDIOS DE PAGO.
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que se teñan en materia de consumo.
Infórmase das charlas abertas que se levarán a cabo este mes de outubro.
Toda aquela persoa que desexe participar únicamente ten que acceder os venres ás 12.30 na web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 091
04-Octubre-2023 10:56
Información Xeral
Tralo grave incendio vivido en Murcia na madrugada do domingo na discoteca Teatre, un suceso que xa deixa 13 falecidos e varias persoas desaparecidas, o Concello da Mezquita invita a tódolos veciños e veciñas a unha concentración silenciosa na Praza do Concello dun minuto de silencio ás 12,00 h. do mediodía de hoxe, 2 de outubro, para amosar o noso apoio e solidaridade coas víctimas e familiares, con tódolos afectados polo incendio e con toda a cidade de Murcia.
Rafael Pérez Vázquez.
Alcalde do Concello da Mezquita
02-Octubre-2023 10:38
Información Xeral
PUBLICADO NO BOP Nº 223 DO 27 DE SETEMBRO O ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA UN POSTO DE AUXILIAR SAF E LIMPEZA DE EDIFICIOS, DENDE O DÍA 28 DE SETEMBRO ATA O 2 DE OUTUBRO (OS DOUS INCLUÍDOS) ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN.
LEMBRADE QUE É PRECISO PRESENTAR VIDA LABORAL, CONTRATOS E CURSOS DE FORMACIÓN
27-Septiembre-2023 14:23
Emprego
O SÁBADO 11 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO POPULAR " SAN MARTIÑO" NA CASA DA CULTURA DA MEZQUITA.
ADEMAIS DUNHA RICA CEA A BASE DE EMPANADA, CHOURIZO, PANCETA E CASTAÑAS ASADAS PODERÁS PARTICIPAR EN VARIOS CONCURSOS:
CONCURSO DE COCIÑA
CARREIRA DE SACOS
ARRAPAÑACASTAÑAS.
NO CARTEL PODERÁS ENCONTRAR TODA A INFORMACIÓN , ASI COMO OS PREMIOS QUE PODES OPTAR.
PARA ANIMAR A FESTA CONTAREMOS COA ACTUACIÓN DOS FESTICULTORES TROUPE E UNHA FOLIADA PARTICIPATIVA ( TRAE O TEU INSTRUMENTO).
MERCA A TÚA ENTRADA ANTES DO 8 DE NOVEMBRO NA CASA DO CONCELLO.
26-Septiembre-2023 13:32
Cultura
NO EDIFICIO MULTIUSOS HABERÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA DE COIDADOS BÁSICOS DO OÍDO DO PROGRAMA " COIDADOS PORTA A PORTA"
DIA 17 DE OUTUBRO AS 19,00 h
20-Septiembre-2023 12:34
Información Xeral
AS NOVAS TENCOLOXÍAS GAÑAN ESPAZO POUCO A POUCO NA VIDA COTIÁ, POR ISO É PRECISO UNHA FORMACIÓN PARA O SEU MANEXO.
DA MAN DE CRUZ VERMELLA CONTAREMOS O PRÓXIMO MÉRCORES 27 DE SETEMBRO CUN OBRADOIRO GRATUITO QUE PERMITIRÁ RESOLVER DÚBIDAS SOBRE DISVERSOS DISPOSITIVOS E APLICACIÓNS.
ACHÉGATE DE 16:00 A 18:00h ATA O EDIFICIO MULTIUSOS PARA CONSULTAR TODO O QUE PRECISES.
20-Septiembre-2023 11:43
Información Xeral
A CONSELLERíA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTURDE SEGÚN A ORDE DO 14 DE SETEMBRO DE 2023, ESTABLECE AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE ESTADÍAS EN PRAZAS EN BALNEARIOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS.
O PRAZO DE SOLICITUDES SERÁ DENDE O DIA 19 DE SETEMBRO ATA O DÍA 18 DE OUTUBRO.
CALQUER DÚBIDA ACUDIR A OFICINA DE SERVIZOS SOCIAIS .
18-Septiembre-2023 20:05
Información Xeral
Dende a Consellería de Montes nos comunican que para darlle prioridade na vacinación de castiñeiros á zona da Mezquita cómpre un volume de solicitudes, para que os técnicos se despracen a nosa zona.
Polo que, tódolos/as veciños/as que teñan castiñeiros e necesiten vacinación, pasen polas Oficinas do Concello para cubrir o modelo de solicitude na semana do 18 ó 24 de setembro cos seguintes datos:
- Datos de contacto do solicitante (nome, apelidos, DNI, e teléfono)
- Datos da parcela para a que se solicita o tratamento (provincia, concello, polígono, parcela)
15-Septiembre-2023 11:55
Información Xeral
OS DIAS 11, 13, 16 e 17 DE OUTUBRO NA PRAZA DO CONCELLO CONTAREMOS COS SERVIZOS DE PODOLOXÍA, AUDIOLOXÍA E ESTIMULACIÓN DA MEMORIA.
PIDE CITA PREVIA NOS TELÉFONOS: 622 748 283 / 623 546 992
12-Septiembre-2023 09:12
Información Xeral
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta un Plan de formación no ámbito da acción voluntaria e do asociacionismo xuvenil en Galicia, coa finalidade de ofrecer formación en liña e presencial en materia de voluntariado e xuventude no último cuatrimestre deste ano.
O Plan está conformado por 10 cursos presenciais, 22 cursos en liña e 10 cursos mixtos, cun total de 2.395 prazas.
INSCRICIÓN
Poderán participar nas accións formativas convocadas as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria e de xuventude, atendendo ás especificacións que se indican en cada un dos cursos. Por outra banda, aquelas persoas que obtiveron praza e superaran o mesmo curso xa ofertado en edicións anteriores, non serán admitidas nesta nova convocatoria.
As prazas para cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición, atendendo ás especificacións indicadas. Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org) desde as 9.00 horas do luns 11 de setembro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.
Para acceder á plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org, o alumnado que xa solicitara inscrición con anterioridade, deberá acceder introducindo o seu nome de persoa usuaria e contrasinal e solicitar a matrícula nos cursos que desexe.
As persoas que accedan por primeira vez e aínda non teñan conta de persoa usuaria creada na plataforma de teleformación, terán que crear a súa conta nesta antes de solicitar praza (consultar manual do alumnado colgado no campus en liña). É recomendable crear a conta antes do día de apertura de matrícula.
MÁIS INFORMACIÓN:
https://voluntariadogalego.org/novas/plan-de-formacion-2023-da-direccion-xeral-de-xuventude-particip...
11-Septiembre-2023 12:07
Formación
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que este venres 8 de setembro ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras coa VOLTA AO COLE!
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Xuntamos a este correo as charlas abertas que levaremos a cabo este mes de setembro.
Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder os venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo 15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 091
06-Septiembre-2023 10:54
Información Xeral
AVÍSASE ÓS VECIÑOS QUE SE VAI CORTAR A AUGA DA REDE DE ABASTECEMENTO POR UNHA AVARÍA EN MANZALVOS NO BARRIO DE OUTEIRO.
30-Agosto-2023 12:26
Información Xeral
O SÁBADO DIA 2 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR "ANDAINA DO CONTRABANDO" , SAIMOS DE CÁDAVOS Ó ENCONTRO COS NOSOS VECIÑOS DE MOIMENTA (PORTUGAL) E AYUNTAMIENTO DE HERMISENDE (ZAMORA) NO PENEDO DOS TRES REINOS, PARA SEGUIR A RUTA TODOS XUNTOS ATA CHEGAR A MOIMENTA.
NA MOIMENTA COMPARTIREMOS UN PEQUENO ALMORZO.
ANOTATE NO CONCELLO ATA O DIA 31 DE AGOSTO OU NO TLFNO: 988425541.
24-Agosto-2023 14:37
Cultura
CONTINÚA A VAGA DA CALOR, ESTAS SON AS RECOMENDACIÓNS DE SANIDADE PARA COMBATIR OS EFECTOS DA CALOR.
23-Agosto-2023 10:26
Información Xeral
ALÉRTASE ÓS/ÁS VECIÑOS/AS DE TOMAR AS PRECAUCIÓNS PERTINENTES ANTE O EPISODIO DE VAGA DE CALOR
22-Agosto-2023 11:04
Información Xeral
O SÁBADO 26 DE AGOSTO A PARTIR DAS 10 DA MAÑA NA AIRA DO VERANO NA MEZQUITA TERÁ LUGAR A MALLA.
ANÍMATE E NON FALTES.
22-Agosto-2023 10:53
Información Xeral
MAÑA SÁBADO 19 DIA DE FEIRA HABERÁ UN CAN DE GLOBOS, PODERÁS ATOPALO NO RECINTO DA FEIRA E POLOS BARES
A PARTIR DAS 12:00h
18-Agosto-2023 11:37
Información Xeral
HOXE XOVES DIA 17 DE AGOSTO A PARTIR DAS 4 DA TARDE POR MOTIVO DE ENGANCHES DE AUGA, CORTARASE A AUGA EN TODO O POBO DE MANZALVOS, APROXIMADAMENTE UNHA HORA.
PERDOEN AS MOLESTIAS.
17-Agosto-2023 13:41
Información Xeral
OS DÍAS 17 E 18 DE AGOSTO INSTALARASE UNHA CARPA DE CARGLASS PARA REVISIÓN DE LUNAS DE VEHÍCULOS NA PRAZA DO CONCELLO EN HORARIO DE 10,00 A 14,00 HORAS
11-Agosto-2023 14:32
Información Xeral
Vaise cortar o suministro de auga na zona da Avda. Constitución da Mezquita para o arranxo dunha avaría. O corte de auga será breve.
Disculpen as molestias.
10-Agosto-2023 09:05
Información Xeral
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
TEMPERATURAS MÁXIMAS: NIVEL DE ALERTA: LARANXA
07-Agosto-2023 12:17
Protección Civil
NON APARCAR O VENRES 4 DE AGOSTO
Co motivo da preparación e colocación de stands e demáis enseres da FEIRA ARTESANTO do sábado, rógase ós veciños de NON ESTACIONAR VEHÍCULOS na zona da Avda. Da Constitución ata a farmacia e na Praza do Concello, o venres día 4 de agosto.
03-Agosto-2023 13:07
Información Xeral