O DIA 5 DE AGOSTO TERÁ LUGAR A IV FEIRA DE ARTESANÍA- ARTESANATO A PARTIR DAS 12 DA MAÑA CON VARIAS ACTUACIÓNS Ó LONGO DO DIA.
O DIA 5 DE AGOSTO TERÁ LUGAR A IV FEIRA DE ARTESANÍA- ARTESANATO A PARTIR DAS 12 DA MAÑA CON VARIAS ACTUACIÓNS Ó LONGO DO DIA.
31-Julio-2023 14:11
Información Xeral
O VINDEIRO 4 DE AGOSTO (VENRES) É FESTIVO LOCAL, POLO QUE OS ORGANISMOS PERMANECERÁN PECHADOS (CONCELLO, CAIXA, CENTRO DE SAÚDE...)
27-Julio-2023 11:21
Información Xeral
ANTE A CELEBRACIÓN O VINDEIRO DOMINGO 23 DE XULLO DAS ELECCIÓNS XERAIS, A ADMINISTRACIÓN PON Á DISPOSICIÓN DOS ELECTORES PARA FACILITAR O DESPRAZAMENTO ÁS MESAS ELECTORAIS TRANSPORTE INSTITUCIONAL GRATUITO, ESTANDO A DISPOSICIÓN DOS VECIÑOS UN MICROBÚS.
21-Julio-2023 10:02
Información Xeral
No orzamento do 2021-2022, aprobado en novembro do pasado ano pola corporación, pretendíase que neste ano 2023 se seguirá na liña de revitalizar o medio rural e aproveitar as superficies abandonadas, conseguindo así potenciar os sectores económicos máis importantes deste ámbito como é o caso da castaña.
https://www.laregion.es/articulo/viana/mezquita-crea-vivero-plantas-castano/202307130149581233114.html
13-Julio-2023 11:52
Información Xeral
AVISO:
HOXE LUNS 10 DE XULLO, VAISE CORTAR A AUGA NA ZONA DA AVDA. DA CONSTITUCIÓN DA MEZQUITA PARA ARRANXAR CHAVE AVARIADA DA REDE DE ABASTECEMENTO ATA QUE SEXA REPARADA.
DISCULPEN AS MOLESTIAS.
10-Julio-2023 11:36
Información Xeral
AVISO:
VAISE CORTAR A AUGA NA ZONA DA AVDA. DA CONSTITUCIÓN DA MEZQUITA POR UNHA AVARÍA NA REDE DE ABASTECEMENTO ATA QUE SEXA REPARADA.
DISCULPEN AS MOLESTIAS
07-Julio-2023 12:01
Información Xeral
PUBLICADO NO BOP N º 154 DE DATA 6/07/2023 O ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA AS BRIGADAS DE INCENDIOS, ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN ATA ÁS 14,00 HORAS DO XOVES DÍA 13/07/2023.
LEMBRADE QUE É PRECISO PRESENTAR VIDA LABORAL, CERTIFICADO MÉDICO, CONTRATOS, TITULACIÓN E CURSOS DE FORMACIÓN.
06-Julio-2023 14:04
Emprego
CONVÓCANSE DEZ PRAZAS PARA PERSOAL DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN, VIXIANCIA E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS :
- 2 PRAZAS XEFE BRIGADA
- 2 PRAZAS PEÓN CONDUCTOR
- 6 PRAZAS PEÓNS FORESTAIS.
05-Julio-2023 10:09
Información Xeral
O SÁBADO 1 DE XULLO ABRIRANSE AS PISCINAS MUNICIPAIS EN HORARIO DE LUNS A DOMINGO DE 15:00 A 20:30h.
28-Junio-2023 13:32
Información Xeral
O MÉRCORES DÍA 5 DE XULLO INSTALARASE A UNIDADE MÓBIL NA PRAZA DO CONCELLO PARA QUEN DESEXE DOAR SANGUE DE 11,00 A 14,00 HORAS.
28-Junio-2023 12:27
SANIDADE
XA ESTÁN SITUADOS NA PRAZA DO CONCELLO DA MEZQUITA DOUS CONTENEDORES PARA RECOLLIDA DE :
- ROUPA
- CALZADO
- COMPLEMENTOS
- XOGUETES
- LIBROS.
AQUELAS PERSOAS QUE TEÑAN ALGÚN IMPEDIMENTO PARA DESPRAZARSE DENDE AS ALDEAS E DEPOSITAR OS OBXECTOS, PODERÁN PORSE EN CONTACTO NO TELÉFONO DO CONCELLO, 988425541, PARA FACILITAR A RECOLLIDA.
UN SERVIZO DE CARÁCTER PERMANENTE QUE PERMITIRÁ DARLLE UNHA SEGUNDA VIDA AOS ENSERES QUE XA NON PRECISAMOS.
26-Junio-2023 19:46
Información Xeral
Por parte do INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO publicaronse as seguintes axudas para o ano 2023
MELLORA DA ACCESIBILIDADE NAS VIVENDAS do PLAN ESTATAL DE VIVENDA PARA O ACCESO Á VIVENDA 2022-2025 (DOGA número 104 do 2 de xuño do 2023)
BENEFICIARIOS: persoas titulares de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas, edificios de tipoloxía residencial, comunidades de persoas propietarias, etc.
OBXECTO: instalación de ascensores, salva escaleiras, ramplas, apertura de portas, produtos de apoio, elementos de información, de comunicación ou de aviso, produtos de apoio á audición, vídeo porteiros, dispositivos de alarma no ascensor, instalación domótica. Estas actuacións non poden estar iniciadas antes do 1 de xaneiro do 2022
Todas as vivendas teñen que cumprir uns determinados requisitos: estar rematadas antes do 2006 (a non ser que habiten persoas que acrediten algún grao de discapacidade), ser o domicilio habitual dos propietarios, etc
A cantidade da subvención depende do tipo de vivenda, de si reside unha persoa que acredite algún grao de discapacidade, etc
PRAZO: remata o día 15 de xullo do 2023, a non ser que se esgote o crédito orzamentario con anterioridade á data indicada.
As persoas interesadas en presentar a súa solicitude poderán informarse do resto dos requisitos e condicións nas oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.
09-Junio-2023 13:28
Información Xeral
Os días 30 de xuño e 3 de Xullo do 2023 se instalará Xunto ó Pavillón de Deportes a Unidade Móbil 5 para pasar as INSPECCIÓNS PERIÓDICAS ós Vehículos Agrícolas deste Concello que o desexen.
INSPECCIÓNS PERIÓDICAS DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
DÍA: 30 de Xuño de 2023
HORARIO: de 9,00 h. – 13,30 h. (mañá)
DÍA: 3 de Xullo de 2023
HORARIO: 9´00 a 13´30 h. (mañá)
15,15 h. – 18,00 h. (tarde)
LUGAR: Xunto ó Pavillón de Deportes (A Mezquita)
CITA PREVIA:
TELÉFONO: 902 30 90 00
Páxina Web: www.sycitv.com
09-Junio-2023 12:59
Información Xeral
Nos anos 60 e 70 a malla era máis que un traballo. Esta tarefa converteuse nun dos encontros máis esperados do ano, un encontro entre veciños onde se poñia de manifesto a amizade e mesmo o namoramento.
Este ano é o turno da AIRA do Verano, na Mezquita, durante a mañán do sábado dia 26 de agosto.
Por iso buscamos voluntarios.
ENCARGADOS DE SUBIRSE Á MEDA E CORTAR A GRAÑEIRA.
FEIXEIROS
PALLEIREIROS
ENCARGADOS DE COLLER O GRAO
ENCARGADOS DE APAÑAR OS SACOS
ENCARGADOS DA BEBIDA
ENCARGADOS DA COMIDA
Haberá agasallos para aqueles que se decidan a colaborar e ademais un premio para a aldea que máis colabore.
CHAMA ao 988425541 e anótate antes do dia 1 de agosto.
ESPERÁMOSTE!!!!
05-Junio-2023 18:22
Cultura
NAS VINDEIRAS DATAS PORANSE EN FUNCIONAMENTO O SERVIZO MÓBIL DE NOVA XERACIÓN 4G E 5G SOBRE AS BANDAS DE 700 E 800 MHZ DOS PRINCIPAIS OPERADORES MÓBILES.
DEBIDO A ESTES CAMBIOS É POSIBLE QUE AFECTE Á FRECUENCIA ANTERIORMENTE UTILIZADA POLA TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE (TDT), POLO QUE SE ALGÚN VECIÑO FORA AFECTADO NA RECEPCIÓN DE CANLES DE TV PODE PORSE EN CONTACTO COS TÉCNICOS A TRAVÉS DE:
TELÉFONO GRATUÍTO 900 833 999
WEB WWW.llega700.es
Tra-la notificación da afectación, un técnico cualificado desprazarase ó lugar para realizar as labores de acondicionamento necesarias para arranxalas. Todo elo sen coste algún.
05-Junio-2023 14:17
Información Xeral
AVISO
Alértannos varios veciños/as do Concello que se están producindo envíos ós usuarios da Banca Electrónica, a través do E-MAIL ou SMS, de enlaces web FRAUDULENTOS, os que parecen verdadeiros, solicitando verificación de conta e datos sensibles e privados, e xa ocasionaron algún vaciado de contas bancarias, en particular a algún veciño/a do noso Concello.
Polo tanto, dende o Concello queremos aconsellar, que extremen as precaucións, se recibe algunha mensaxe ou correo electrónico non habitual e evitar compartir datos que poidan dar acceso á súa conta bancaria.
05-Junio-2023 13:14
Información Xeral
En cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, póñense en coñecemento as operacións de xestión de biomasa que UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. pretende realizar no Concello da Mezquita.
Lémbrase que nas liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, na devandita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007.
Polo anteriormente indicado, adxúntanse os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van a realizar os labores de xestión de biomasa para que os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poidan executalas previamente.
Se transcorridos 15 días desde esta publicación o propietario do terreo non efectuou os labores de xestión de biomasa indicadas, UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. procederá á súa realización.
(ADXÚNTASE PLANO)
01-Junio-2023 10:53
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que este venres 2 de xuño ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre PRODUTOS TÍPICOS DO VERÁN.
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder os venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 091
01-Junio-2023 09:40
Información Xeral
DENDE O XOVES DÍA 1 ATA O LUNS DÍA 5 DE XUÑO, ESTARÁ ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN DE UN POSTO DE AUXILIAR AXUDA A DOMICILIO.
LEMBRADE QUE TEDES QUE PRESENTAR VIDA LABORAL, CONTRATOS, TITULACIÓN E CURSOS DE FORMACIÓN.
31-Mayo-2023 14:11
Emprego
INÍCIASE O PROCESO DE SELECCIÓN PARA CUBRIR O POSTO DE AUXILIAR AXUDA A DOMICILIO.
O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES COMENZARÁ AO DÍA SEGUINTE DA SÚA PUBLICACIÓN NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA, E ESTARÁ ABERTO DURANTE TRES DÍA HÁBILES
AS BASES DO PROCESO PODEN CONSULTARSE NO TABOLEIRO DO CONCELLO OU NA PÁXINA WEB.
30-Mayo-2023 12:54
Emprego
Por Resolución da Alcaldía, aprobouse a convocatoria do procedemento para a contratación da explotación do SERVIZO DO BAR QUIOSCO, situado na piscina municipal da Mezquita.
O prego de cáusulas administrativas particulares que rexerá o procedemento aberto, para a adxudicación do contrato polo Concello da Mezquita da explotación do bar-quiosco
para a tempada 2023 están publicadas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello https://amezquita.sedelectronica.gal
No BOP de Ourense nº 122 de 30/05/2023 publícase o prazo de presentación de ofertas ata o 10 de xuño de 2023.
30-Mayo-2023 12:51
Información Xeral
En relación ó anuncio da convocatoria de Eleccións Xerais para o 23 de xullo de 2023, por indicacións do INE, ábrese un período de EXPOSICIÓN E RECLAMACIÓN al Censo dende o 5 ó 12 de xuño de 2023.
As consultas e reclamacións ó Censo realizaranse de maneira electrónica dende as Oficinas Municipais.
NOTA ACLARATORIA: Os veciños de nacionalidade portuguesa NON poden votar nestas Eleccións Xerais.
30-Mayo-2023 12:11
Información Xeral
O DOMINGO 28 DE MAIO ANTE AS CELEBRACIÓN DAS ELECCIÓN MUNICIPAIS PONSE A DISPOSICIÓN DOS ELECTORES PARA FACILITAR O DESPRAZAMENTO ÁS MESAS ELECTORAIS TRANSPORTE INSTITUCIONAL GRATUITO.
23-Mayo-2023 11:22
Información Xeral
POR MOTIVO DUNHA AVARIA VAISE CORTAR A AUGA NESTE MOMENTO NA AVENIDA DA CONSTITUCIÓN NA MEZQUITA, ATA QUE SEXA ARRANXADA.
DISCULPEN AS MOLESTIAS
09-Mayo-2023 16:58
Información Xeral
DENDE O LUNS 24 DE ABRIL ATA O VENRES 28 DE ABRIL, ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS, DENTRO DO PROGRAMA DE EMPREGABILIDADE 2023 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL.
LEMBRADE QUE TEDES QUE PRESENTAR OBRIGATORIAMENTE VIDA LABORAL, CONTRATOS E CURSOS DE FORMACIÓN
21-Abril-2023 13:37
Emprego