Publícanse as listaxes de persoas admitidas e non admitidas na adxudicación, extraordinaria de setembro, de prazas da Escola Infantil Municipal para o curso 2025/2026.
Mais info: https://i.gal/7euMF
Publícanse as listaxes de persoas admitidas e non admitidas na adxudicación, extraordinaria de setembro, de prazas da Escola Infantil Municipal para o curso 2025/2026.
Mais info: https://i.gal/7euMF
10-Septiembre-2025 12:19
Servizos Sociais
Este outono a Biblioteca Municipal retoma os seus encontros literarios cunha cita moi especial: a presentación da novela 1140, ópera prima de María José Tardáguila.
DATA: xoves, 2 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cutura)
1140 é unha intensa novela histórica que nos transporta ao Camiño de Santiago do século XII, unha época marcada pola espiritualidade e os enigmas. Entre peregrinos, cabaleiros templarios e habitantes da ruta, a obra mergúllanos nun relato cheo de desafíos, perigos e anhelos de redención. A narrativa destaca pola súa ambientación rigorosa e pola capacidade de recrear o ambiente medieval que rodeaba a ruta xacobea.
Máis información no blog da biblioteca: https://bibliotecadebrion.blogspot.com/2025/09/encontros-literarios-presentacion-en.html
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
10-Septiembre-2025 10:07
Cultura e deportes
Artistas: Trio Pablo Sammamed & Banda de Música Municipal de Brión
Data: 13 de setembro de 2025
Hora: 12:00 do mediodía
Lugar: Praza do Concello de Brión
Entrada: Libre e gratuíta
Organiza: Concello de Brión. Departamento de Música. ESMUMA.
Colabora: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Mais info:
- https://i.gal/Rv1zU
- https://i.gal/BbhvY
05-Septiembre-2025 11:00
Escola de Música Magariños
"O Festival das Hortas"
Concello de Brion · Setembro 2025
LUNS 15
XORNADA DE PORTAS ABERTAS CON ELABORACIÓN E DEGUSTACIONS EN DIRECTO
Espazo Colaborativo de Montebalado
De 10 a 13h.
MARTES 16
VISITA Á HORTA DE PILAR
Aldea de Trasouteiro (Brión)
Ás 10:30 h.
MÉRCORES 17
VISITA A HORTA DE TOMÁS
Aldea de Beca (Bastavales)
Ás 18:30 h.
XOVES 18
XORNADA DE PORTAS ABERTAS CON ELABORACIÓN E DEGUSTACIONS EN DIRECTO
Espazo Colaborativo de Montebalado
De 10 a 13h.
DOMINGO 21
VISITA A HORTA DA CHICA
Avenida de Santa Minia (Brión)
Ás 10:30 h.
DOMINGO 21
FEIRA LABREGA CONCELLO DE BRIÓN '25
De 10:30 a 20h. na Praza das Polbeiras
Carballeira de Santa Minia
Exposición e venda de produtos frescos e elaborados
Obradoiros de oficios tradicionais
Faladoiro sobre o poder das plantas
Degustacións gastronómicas de productos locais
Actuacións musicais
AS VISITAS AS HORTAS NON REQUIREN INSCRICIÓN PREVIA
O punto de encontro será 1/2 hora antes do inicio de cada visita no Coworking de Montebalado, agás para a do día 21 que será na propia feira.
INSCRICIÓN e INFO:
www.concellodebrion.gal · Tl. 981 88 70 06 de 9 a 14h.
https://i.gal/BqC5d
03-Septiembre-2025 13:23
Formación
“Brión, un xardín comestible”
Concello de Brion · Domingo 21.09.25 • De 11 a 20h.
Praza das Polbeiras • Carballeira de Santa Minia
Exposición e venda de produtos frescos e elaborados
Obradoiros de oficios tradicionais
Faladoiro sobre o poder das plantas
Degustacións gastronómicas de productos locais
Actuacións musicais
PROGRAMA:
Consulta o programa completo
INSCRICIÓN e INFO:
www.concellodebrion.gal · Tl. 981 88 70 06 de 9 a 14h
https://i.gal/Ihi93
03-Septiembre-2025 13:22
Novas
Concello de Brion · Setembro 2025
"Rutas guiadas e abertas á toda a veciñanza polas hortas de distintas productoras locais de Brión para compartir saberes e sabores"
MARTES 16
VISITA Á HORTA DE PILAR
Aldea de Trasouteiro (Brión)
Ás 10:30 h.
MÉRCORES 17
VISITA A HORTA DE TOMÁS
Aldea de Beca (Bastavales)
Ás 18:30 h.
DOMINGO 21
VISITA A HORTA DA CHICA
Avenida de Santa Minia (Brión)
Ás 10:30 h.
AS VISITAS AS HORTAS NON REQUIREN INSCRICIÓN PREVIA
O punto de encontro será 1/2 hora antes do inicio de cada visita no Coworking de Montebalado, agás para a do día 21 que será na propia feira.
MAIS INFO:
www.concellodebrion.gal · Tl. 981 88 70 06 de 9 a 14h.
https://i.gal/eabKn
03-Septiembre-2025 13:20
Novas
ACTIVIDADES
- Piscina, Ximnasia, Mente Activa, Informática e Grupo de Teatro. Para maiores de 60 anos.
- Manualidades. Maiores de 18 anos
- Baile quincenal con música en directo. Actividade gratuíta para maiores de 55 anos.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
- Renovacións: Ás persoas inscritas o ano pasado renovaráselles de forma automática.
- Novas altas: Poderanse facer novas inscricións dende o venres 12 de setembro de 2025 e durante todo o curso no Centro Social Polivalente (Avenida de Santa Minia, 46, 1º andar) Teléfono: 981 50 99 10
COMEZO DAS ACTIVIDADES
- OBRADOIROS: mércores 1 de outubro de 2025
- BAILE: domingo 5 de outubro de 2025
03-Septiembre-2025 11:00
Servizos Sociais
O Concello de Brión, xunto con Espina & Delfín, lanza unha nova campaña para fomentar o consumo responsable da auga entre a veciñanza.
En agosto de 2024 consumiuse un 44% máis de auga ca en febreiro.
As altas temperaturas e a escaseza de choiva están a afectar aos nosos ríos e reservas.
Por iso, queremos lembrar que pequenos xestos fan grandes cambios:
- Pecha a billa mentres lavas os pratos
- Dúchate en vez de bañarte
- Non tires lixo polo inodoro
- Usa a lavadora e o lavalouzas con carga completa
- Evita encher piscinas ou lavar o coche con frecuencia
- Se vas estar fóra, pecha a chave da auga
Cada gota conta. Fagamos de Brión un exemplo de respecto e coidado polos recursos naturais. Súmate!
Mais info: https://i.gal/RBBmI
17-Julio-2025 12:58
Novas
AXUDA A MANTER LIMPO O NOSO CONCELLO
RECOLLIDA DE APARELLOS ELÉCTRICOS OU ELECTRÓNICOS
No domicilio o primeiro xoves de cada mes, chamando previamente ao 981 88 70 06
RECOLLIDA DE OUTRO TIPO DE EFECTOS
Mobles, colchóns e enseres varios (non se recollen restos de obras)
Recollida no domicilio chamando previamente a 639 107 638 · 981 191 240 (Planta Reciclaxe de Lousame)
COLECTORES DE ACEITE DE COCIÑA USADO
Situados en distintos puntos do Concello
DOUS MINIPUNTOS LIMPOS
Recollida de pequenos residuos domésticos: pilas, cartuchos impresora, cd, móbiles, baterías...
- PARQUE DE PEDROUZOS: Brión, xunto ó campo de fútbol municipal
- AVENIDA DE NOIA: Os Ánxeles, ao lado da Panadería La Canela
PUNTO LIMPO MÓBIL
Conta con 8 compartimentos para a recollida de: papel/cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados (aceite doméstico usado e embotellado), envases de plástico/latas/bricks, lampadas/fluorescentes, envases de vidro, pilas/baterías e roupa.
Achégase de forma periódica polas aldeas, consulta na seguinte ligazón: https://i.gal/58vvn
04-Julio-2025 12:34
Novas
A través de "brióninforma", o concello envía periodicamente, bandos, novas, edictos, avisos, consellos ou calquera outra información relevante da vida municipal
Xa fai catro anos cando o Concello de Brión poñía a disposición da veciñanza a aplicación para móbiles "brióninforma". Está é unha aplicación destinada ao envío de notificacións emerxentes e instantáneas coas que os habitantes están informados as 24 horas do día do que sucede no Concello.
Ademais desta funcionalidade a app tamén dispón do módulo COMUNICA dende o cal calquera persoa pode enviar ao concello incidencias, consultas ou propostas de maneira inmediata engadindo imaxe e xeolocalización e con un sistema de seguimento do estado das mesmas en tempo real.
Esta aplicación, que debe instalarse no smartphone, pode obterse de maneira totalmente gratuíta dende a PLAY STORE ou APP STORE.
Fai uns días a app ven de sufrir unha importante renovación. Por un lado o cambio mais salientable é que mudou o seu aspecto a unha interface moito mais moderna e amigable. Ademais doutra serie de melloras, como a opción de poder escoller idioma, agora o veciño ou veciña pode recibir as comunicacións por outras canles alternativas a propia app como son os sms, correo electrónicos, telegram, twitter ou mesmo por whatsapp. Estes novos servizos, que seguen sendo totalmente gratuítos, poden activarse dende a web www.bandomovilpremium.com/brion.
12-Noviembre-2021 10:48
Novas
Que a vixente Ordenanza municipal de posesión e custodia de animais, establece entre outras, as seguintes NORMAS BÁSICAS: 1.- Con carácter xeral autorízase a posesión de animais domésticos de compañía nos domicilios particulares, estando condicionada a que as circunstancias hixiénicas do seu aloxamento sexan óptimas, á ausencia de riscos no aspecto sanitario e á inexistencia de perigos ou molestias evitables para os veciños ou para outras persoas. 2.- Con tal finalidade, desde as 22:00 ata as 8:00 horas prohíbese deixar nos patios, terrazas, galerías ou balcóns, aves e animais en xeral que cos seus sons, ouveos ou cantos perturben o descanso ou tranquilidade dos veciños. No resto do día os propietarios tamén tomarán as medidas precisas para que non se produzan molestias á veciñanza. 3.- Nas vías públicas e os espazos naturais protexidos OS CANS IRÁN SUXEITOS CON CADEA OU CORREA. 4.- Prohíbese a circulación e permanencia de cans e outros animais nas piscinas públicas durante a tempada de baño. 5.- Queda prohibida a entrada de animais en recintos de prácticas de deportes e de xogos infantís ou naqueloutras zonas que o Concello determine atendendo ás súas dimensións ou réxime de usos. 6.- Queda expresamente prohibido que os cans accedan ás zonas de xogo infantil das prazas e parques do municipio. 7.- Prohíbese lavar animais na vía pública e fontes, así como darlles de beber auga afociñados ás billas das fontes públicas. 8.- OS CANS CATALOGADOS COMO POTENCIALMENTE PERIGOSOS terán que circular polas vías públicas e en lugares e espazos de uso público en xeral, ATADOS CON CADEA OU CORREA NON EXTENSIBLE, PROVISTOS DA CORRESPONDENTE BUCEIRA homologada e adecuada para a súa raza. O incumprimento das normas recollidas na ordenanza implica a imposición das sancións que nela se especifican, de acordo coa Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade. O cumprimento destas normas é un ben para todos os que frecuentamos os espazos públicos e, en especial, para os máis pequenos nas súas áreas de xogos, onde con frecuencia levan as mans á boca, e para as persoas que circulan en cadeiras de rodas, o que, nalgúns casos, as obriga a utilizar as mans para impulsarse atopando nas beirarrúas os escrementos dos cans.
01-Diciembre-2017 12:22
Novas