Organízase un obradoiro de pintura mural con Vella Escola Cultura Urbana dirixido a nenas e nenos a partir de 10 anos
O obradoiro emprega o muro ou parede como soporte e preséntase como unha experiencia inmersiva. As persoas participantes, terán a oportunidade de participar no deseño con temática ambiental e na execución do mural. Traballarase de forma colaborativa para crear unha obra de gran formato, promovendo habilidades sociais como a comunicación, a negociación e o respecto polas ideas alleas, ao tempo que cada persoa aporta o seu estilo e visión.
Datos clave:
Data: sábado, 20 de decembroHorario: de 11:00 a 13:00 hIdade recomendada: a partir de 10 anosLugar: Polideportivo Pilar BarreiroInscrición: en BANDOTICKEThttps://bandoticket.com/events/obradoiro-de-pintura-mural-vella-escola-cultura-urbanahttps://bandoticket.com/events/obradoiro-de-pintura-mural-vella-escola-cultura-urbana
