Xornada de portas abertas de presentación do proxecto e de visita as instalacións do Obradoiro compartido de conservas vexetais Muiñeiras de Requiande
Xornada de portas abertas de presentación do proxecto e de visita as instalacións do Obradoiro compartido de conservas vexetais Muiñeiras de Requiande
17-Abril-2023 12:30
Emprego
O vindeiro día 27 DE ABRIL terá lugar ás 16:30h, no EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO, unha charla sobre MOBILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES.
Este curso ten como obxectivo dotar de habilidades na realización de mobilizacións, transferencias, cambios posturais e hixiene postural de persoas dependentes.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden anotarse nos teléfonos 982559109/677489457.
Organiza o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saude.
13-Abril-2023 12:45
Servicios Sociales
O Concello de Ourol informa que con motivo das eleccións municipais do día 28 de maio de 2023, poderase consultar as listas electorais do 10 de abril ao 17 de abril (ambos inclusive).
Para levar a cabo a correcta consulta o interesado débese identificar mediante o seu DNI, pasaporte ou permiso de conducir.
05-Abril-2023 12:11
Info General
Llega700 é a entidade xestora de garantir a compatibilidade deste servizo coa TDT.
Nos vindeiros días vai ter lugar a activación da rede móvil de nova xeración no Concello de Ourol e pode ocorrer que o sinal de TV se vexa afectada polas interferencias.
Si algún veciño/a detecta algún tipo de problema na visualización das canles da TDT poden poñerese en contacto coa entidade xestora nos próximos 6 meses a través de:
e-mail: ayuda@llega700.es
Telefono: 900 833 999
05-Abril-2023 11:47
Info General
BECAS 2023/24
Aínda que non esté aberto o período de matrícula dos estudos que che interesan, debes solicitar a beca dentro deste prazo.
Beneficiarios: estudantes que no curso académico 2023-2024 cursen ensinanzas postobligatorias con validez no territorio nacional.
Prazo de solicitude: DO 27 DE MARZO AO 17 DE MAIO
Información:
Solicitude
- Todo o proceso de solicitude da beca realizase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional .
Máis información no BOE do 17 de marzo de 2023, nº 65 ou na páxina web
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2023....
27-Marzo-2023 09:51
OMIX
A Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Ourol, pon en marcha un novo plan de dixitalización das pequenas e medianas empresas co obxectivo de axudar as PEMES e persoas autónomas a integrar nas súas empresas solucións dixitais que melloren o seu rendemento.
Para levalo a cabo, conformouse unha Rede de Oficinas acelera Peme para contornas rurais, que acollerá todo tipo de actividades económicas.
As PEMES e persoas autónomas participantes contarán con asesoramento individualizado e personalizado en materia de transformación e capacitación dixital por parte de axentes dixitalizadores que visitaran as empresas.
Deste xeito, buscaranse as solucións máis axeitadas a cada caso en particular, axudando a optimizar os procesos, a xestionar e relacionarse coa clientela e outros trámites importantes como por exemplo a solicitude do certificado dixital. O asesoramento e acompañamento será a longo prazo. Este servizo xa está operativo. As persoas que o desexen poderán poñerse en contacto a través do número de teléfono 629604087 ou no correo acelerapymesmail.com.
SERVIZOS QUE OFRECE O PROGRAMA ACELERA PYME RURAL
1. Certificado dixital.
2. Factura electrónica
3. Solicitude das axudas do kit dixital
4. Mellora da imaxe corporativa do negocio
5. Técnicas de mellora a través do marketing dixital
6. Elaboración de material publicitario :fotografía e vídeo
7. Creación ou mellora do perfil da empresa en Google
8. Creación e mellora da paxina web
9. Creación e mellora de tende online
10. Creación ou mellora de redes sociais
11. Posicionamento en Internet
12. Watsapp para empresas
13. Programa de xestión de clientes (CRM)
14. Programa de xestión de stock
15. Xestión do negocio, interpretación de datos, análise de clientes, novos hábitos de consumo.
16. Nocións básicas de xestión económica da empresa.
17. Novas oportunidades de negocio. Licitación pública electrónica.
22-Marzo-2023 10:03
Info General
RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230314/AnuncioO3C2-080323-0001_gl.html
14-Marzo-2023 10:41
Emprego
O vindeiro día 20 DE MARZO terá lugar unha charla sobre USO SEGURO DO MEDICAMENTO. Esta actividade levarase a cabo no Edificio Multiusos a partir das 16:30 horas.
Este curso ten como obxectivo promover un bo uso dos medicamentos e concienciar á poboación sobre os beneficios e riscos asociados ao uso do medicamento.
Anótate nos teléfonos 982559109/677489457
Organiza o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saude.
13-Marzo-2023 14:33
Servicios Sociales
Oferta de emprego de un técnico de emprendemento para formar parte do Polo de Emprendemento que estará ubicado en Mondoñedo.
06-Marzo-2023 14:02
Emprego
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de dez peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2022 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 6 ao 10 de marzo de 2023 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
02-Marzo-2023 10:33
Emprego
Abrimos o prazo para anotarse neste obradoiro que se impartirá o vindeiro 16 de marzo en Ourol. Un obradoiro de carácter teórico-práctico sobre as posibilidades das técnicas de enxerto: época do ano para enxertar, tarefas preparatorias, materiais, recolección, almacenamento e preparación do material, tipos de enxerto, coidados despois do enxerto, produtos cicatrizantes...
DÍA: 16 de marzo
HORA: DE 16:00 H A 20:00 H
LUGAR: edificio multiusos de Ourol
INSCRICIÓN: nos tlfs. 982 55 90 19 ou 608 694 051 (WhatsApp) ata o 13 de marzo
Anótate xa, as prazas son limitadas!!!
02-Marzo-2023 09:47
Biblioteca
A catedrática de Química Inorgánica da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, Mª Isabel Fernández García, estará en Ourol o vindeiro día 9 de marzo ás 18:00 h para falarnos do seu libro “Pioneiras da ciencia en Lugo” e sobre todo de tres mulleres de Ourol pioneiras en ciencias: Remedios Vázquez García, Segunda Vázquez García e Aurora Chao Quintana.
Neste libro recóllese a vida académica e laboral de 62 mulleres pioneiras no eido da ciencia que foron abrindo camiño para as que viñeron despois. Con este traballo a autora pretende visibilizar a situación da muller na universidade e sobre todo nas ciencias e poñer en valor o seu traballo e a súa contribución para acadar a igualdade da muller.
Este encontro será no Edificio Multiusos de Ourol.
01-Marzo-2023 13:01
Biblioteca
O Concello de Ourol organiza un ENCONTRO DE MAIORES para persoas de máis de 55 anos empadroadas no Concello , que terá lugar o domingo día 12 de marzo ás 14:00 horas no Restaurante Louzao (Area-Viveiro). Este encontro que consistirá nunha COMIDA amenizada por música en directo ten como obxectivo fundamental servir de espazo de encontro e relación entre os maiores do noso Concello.
Data límite para anotarse: 9 de marzo
Lugar de recollida de entradas: departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chama ós teléfonos 982559109/677489457
27-Febrero-2023 14:14
Info General
O Concello de Ourol, con motivo da celebración do día da Muller, organiza unha representación teatral para o domingo 5 de marzo ás 17:00 horas no Edificio Multiusos.
Este espectáculo que leva por título "TABÚ", nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos de diferentes partes de Galicia sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
Trátase dun show de narración oral coa misión de transmitir historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós.
Esta actividade está subvencionada con fondos do pacto de estado contra a violencia de xénero.
24-Febrero-2023 12:45
Servicios Sociales
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de dez peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2022 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.
O prazo de presentación de instancias será en marzo e estará aberto desde o 6 ao 10 de marzo de 2023 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
16-Febrero-2023 09:31
Emprego
A partir do 15 de febreiro e ata o día 31 de marzo de 2023 pódese presentar a solicitude da axuda de 200€ da Axencia Tributaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
- Persoas físicas que durante o execicio 2022 realizasen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou foran beneficiarios da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2022 percibiran ingresos integros inferiores a 27.000€ anuais, e tiveran un patrimonio inferior a 75.000 anuais a 31 de decembro de 2022.
- Non terán dereito a esta axuda aquelas persoas que a 31 de decembro de 2022, perciban o ingreso mínimo vital ou sexan Pensionistas da Seguridade Social ou de Clases Pasivas.
IMPORTANTE: A solicitude da axuda só pode presentarse a través da Sede Electrónica da Axencia Tributaria, para o cal é preciso dispoñer do certificado dixital ou acreditarse con Cl@ve. Se non dispón de ningún destes métodos de identificación, o MARTES DÍA 14 ás 11:00 h. no Salón de Plenos do Concello, haberá unha charla informativa impartida por funcionarios da Administración do Estado para o asesoramento en trámites e xestións e a obtención destes medios de identificación.
Para máis información pode acudir ó Departamento de Servizos Sociais ou chamar ó teléfono 982559109 ou 677489457
10-Febrero-2023 12:35
Servicios Sociales
CURSOS CONVOCADOS: Cursos presenciais e cursos en liña.
PERSOAS DESTINATARIAS: todas as persoas interesadas maiores de 16 anos.
SOLICITUDES: as solicitudes para participar nestes cursos deberán facerse a través do seguinte enderezo electrónico: https://formacion-lingua.xunta.gal , seleccionar o curso que se desexe realizar e cubrir a solicitude de inscrición. Non se admiten outras formas de presentación de solicitudes. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
As persoas que soliciten un curso en liña deben dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos.
- Un ordenador con conexión a internet (de banda larga).
- Un navegador web (recomendase ter instalada a última versión de Firefox).
- Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.
- Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
PRAZO DE PRESENTACIÓN: será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro, a orde de entrada das solicitudes de inscrición será indiferente.
A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga) que se convocan periodicamente.
Máis información do DOGA nº 29 do venres, 10 de febreiro de 2023.
No teléfono 982 55 90 19 ou na Biblioteca Municipal de Ourol.
10-Febrero-2023 09:27
Biblioteca
Infórmase de que o período de preinscricións para a Casa Niño de Ourol para o vindeiro curso 2023/2024 permanecerá aberto dende o día 1 ao 15 de marzo. Para calquer información relacionada coa Casa Niño e co proceso de preinscrición así como asignación de praza, deberán poñerse en contacto coa persoa responsable da mesma no teléfono 675077725
09-Febrero-2023 14:25
Servicios Sociales
Domingo 12 de febreiro de 2023 na Alameda de Santiago de Compostela
Habrá servizo de autobús gratuito desde Viveiro para poder asistir a manifestación.
Hora de saída do autobús: As 9:00 horas desde a Estación de Autobuses de Viveiro. Hai que anotarse chamando ao teléfono: 982-560128
09-Febrero-2023 09:42
Info General
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:
- Posuir a nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE ou do espazo económico Europeo.
- Ter menos de 35 anos, incluida a idade de 35 anos, no momento de solicitar a axuda.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da solicitude.
- Dispoñer duns ingresos anuais por parte das persoas que compoñen a unidade de convivencia iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
- Ter subscrito un contrato privado ou unha escritura pública de adquisición de vivenda con posterioridade a 15/11/2022, salvo para aquelas persoas que tendo solicitada a axuda en 2021 se lles denegara por esgotamento de crédito.
REQUISITOS DA VIVENDAS:
Polo que respecta ás vivendas, estas deberán cumprir as seguintes condicións:
- Estar emprazada nun concello de menos de 10.000 habitantes.
- Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
- O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, será igual ou inferior a 120.000 €.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude.
- Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufructuarias dalgunha vivenda en territorio español.
AXUDAS:
Os beneficiarios deste programa poderán acceder ás seguintes axudas:
Subvención de ata 10.800 € por vivenda, co limite máximo do 20 % do prezo de venda,
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Ata o 31 de outubro de 2023 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
INFORMACIÓN:
Resolución do 26 de decembro de 2022 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 26 de 7 de febreiro de 2023. Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
08-Febrero-2023 09:10
Emprego
Desde o Concello de Ourol informase que o MARTES día 14 de FEBREIRO no Salón de Plenos da Casa do Concello as 11:00 horas, terá lugar unha charla informativa donde se realizará asesoramento para os trámites e xestións máis habituais e explicarase como obter o certificado dixital e a clave permanente para poder relacionarse electrónicamente coas Administración Públicas.
03-Febrero-2023 11:13
Info General
BENEFICIARIOS:
a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial
b) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
Os proxectos de biomasa que se subvencionarán son os do grupo:
B1 - Caldeiras que utilicen leña.
B2 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 l.
B3 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 l.
Serán subvencionables:
a) O equipamento principal de xeración enerxética
b) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas.
c) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
d) O custo do sistema de almacenamento e alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexión.
PRAZO SOLICITUDE BENEFICIARIOS:
Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas.
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
Inicio solicitude: 1 de marzo de 2023Fin solicitude: 29 de xuño de 2023
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.
A contía máxima da axuda por proxecto será de 8.000 €
INFORMACIÓN: INEGA. DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2023.
Teléfono de información: 981-541500
www.inega.gal
No correo electrónico: inega.info@xunta.gal
02-Febrero-2023 13:38
Emprego
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia vai a abrir próximamente as subvencións do Plan Renove de Electrodomésticos.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Persoas físicas que realicen alguna das actuacións nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega (www.inega.gal)
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
A renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
- Substitución de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética establecidos na mesma táboa:
Electrodomésticos subvencionables:
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Lavadora A, B ou C
Lavalouza A, B ou C
Placas de cociña de inducción total (soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas)
No caso das placas de cociña, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de inducción total (placas que teñan soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas).
Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación.
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía.
Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.
Axuda máxima (€/electrodoméstico):
Frigorífico, frigorífico-conxelador e conxelador on clasificación enerxética A, B C ou D:
150 € (Consumidor Xeral)
300 € (Consumidor vulnerable)
450 € (Consumidor vulnerable severo)
Lavadora A, B ou C e Lavalouza A, B ou C:
100 € (Consumidor Xeral)
200 € (Consumidor vulnerable)
300 € (Consumidor vulnerable severo)
Placa de indución total (soamente tecnoloxía de inducción):
100 € (Consumidor Xeral)
200 € (Consumidor vulnerable)
300 € (Consumidor vulnerable severo)
A cantidade de subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Do 8 de febreiro ao 30 de setembro de 2023 ou cando se esgoten os fondos.
INFORMA: Resolución do 12 de decembro de 2022 do INEGA (DOG nº 11 de data de 17/01/2023)
Na páxina web do INEGA (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal)
No teléfono: 981-541500
Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
02-Febrero-2023 09:37
Emprego
O vindeiro día 15 de febreiro terá lugar unha charla sobre Psicomotricidade e Memoria na terceira idade. Esta actividade levarase a cabo no Edificio Multiusos a partir das 16:00 horas.
Se queres aprender a mellorar a túa capacidade física e mental, anótate nos teléfonos 982559109/677489457
Este curso contará cunha sesión teórica e unha sesión práctica
Organiza o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saude.
01-Febrero-2023 14:28
Servicios Sociales
AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PARTICULARES
OBXECTO:
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos
REQUISITOS:
Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións subvencionadas.
Só caberá presentar unha solicitude por persoa. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
- Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas
- Gastos correspondentes a honorarios facultativos pola redacción dos proxectos técnicos.
- Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.
CONTÍA DA SUBVENCIÓN:
O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.
PRAZO E SOLICITUDES:
Ata o 17 de febreiro de 2023, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes.
INFORMA:
Resolución do 21 de novembro de 2022 do Instituto de Estudos do Territorio (DOG nº 11 de data de 17/01/2023)
Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
01-Febrero-2023 12:52
Emprego