O día 6 de agosto, ás 19:30 horas teremos un concerto de "Escolma de meus". O grupo interpretará boleros, habaneras, tangos...
Será na praza do concello. En caso de mal tempo celebrarase en espazo cuberto.
A entrada é libre e gratuíta.
O día 6 de agosto, ás 19:30 horas teremos un concerto de "Escolma de meus". O grupo interpretará boleros, habaneras, tangos...
Será na praza do concello. En caso de mal tempo celebrarase en espazo cuberto.
A entrada é libre e gratuíta.
02-Agosto-2022 10:57
Biblioteca
Edificio multiusos de Ourol.
Días 5, 6 e 7 de agosto
Horarios: 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h
Entrada libre e gratuíta
Esta exposición pretende recoller e difundir as realizacións que con cartos americanos (enviados polos indianos pero sobre todo polas sociedades de instrución creadas polos nosos emigrantes con ese fin) no eido educativo en Galicia.
Para introducir o tema faise unha valoración do que supuxo a emigración na nosa terra, o tema das fundacións indianas, a creación das macrosociedades (Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, Centro Galego da Habana, Centro Galego de Bos Aires, etc. como sociedades instrutivas para os nosos emigrantes alá en América e ata a actualidade), a situación do ensino en Galicia a finais do século XIX e comezos do XX, a xénese das sociedades microterritoriais de carácter instrutivos e as súas realizacións nos seus pobos e parroquias de orixe (no momento da súa creación e na actualidade), os programas educativos que se facían nesas escolas de americanos, o enxoval, o día a día nas clases, a repercusión que na sociedade galega tivo a creación desas escolas, a situación dos edificios escolares na actualidade, etc.
02-Agosto-2022 09:41
Biblioteca
Despois de dous anos sin festas pola pandemia, este ano volven as patronais de Ourol co seguinte programa:
Sábado 13 de agosto: ás 10:00 h competición ciclista "Gran premio San Roque-Ourol.
Domingo 14 de agosto: 21:00 h pregón a cargo de Javier Mariño Chao, veciño de Ourol e autor do libro "Las jarras del trotamundos".
22:15 h gran cena popular servida por Catering Rochela de Vilalba e a continuación gran verbena amenizada pola orquestra "Venezia" e o grupo "Fénix".
Luns 15 de agosto: 13:00 h. Misa solemne e procesión. A continuación sesión vermú prolongada no atrio da igrexa a cargo do grupo Tapyoka.
01-Agosto-2022 09:53
Info General
Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor VI”.
Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.
A duración do obradoiro é de 12 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, correspondendo 6 a este concello distribuídos nas seguintes especialidades:
- Traballos de carpintería e moble: 3 alumnos
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 3 alumnos
Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados/as e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas.
Para acceder a calquera das dúas especialidades requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente.
Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director/a, tres monitores/as e un administrativo/a.
Os interesados/as deberán pasar canto antes polo Concello de Ourol ou a Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
29-Julio-2022 12:48
Emprego
Os días 5, 6 e 7 de agosto teremos no multiusos do concello de Ourol a exposición Luces alén de mar: as escolas de americanos en Galicia.
Esta exposición pretende recoller e difundir as realizacións que con cartos americanos (enviados polos indianos pero sobre todo polas sociedades de instrución creadas polos nosos emigrantes con ese fin) no eido educativo en Galicia.
Para introducir o tema faise unha valoración do que supuxo a emigración na nosa terra, o tema das fundacións indianas, a creación das macrosociedades (Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, Centro Galego da Habana, Centro Galego de Bos Aires, etc. como sociedades instrutivas para os nosos emigrantes alá en América e ata a actualidade), a situación do ensino en Galicia a finais do século XIX e comezos do XX, a xénese das sociedades microterritoriais de carácter instrutivos e as súas realizacións nos seus pobos e parroquias de orixe (no momento da súa creación e na actualidade), os programas educativos que se facían nesas escolas de americanos, o enxoval, o día a día nas clases, a repercusión que na sociedade galega tivo a creación desas escolas, a situación dos edificios escolares na actualidade, etc.
Entrada gratuíta.
Consulta os horarios no arquivo adxunto.
28-Julio-2022 19:08
Biblioteca
Ola. Como xa sabedes os días 6 e 7 de agosto temos a RUTA INDIANA nun BUS DE ÉPOCA por Ourol. E para rematar o día 6 de agosto, sábado teremos a actuación musical con "Escolma de meus" cun repertorio de habaneras, tangos, boleros...
Anímate a participar!! A entrada é libre e si fai mal tempo teremos espazo cuberto.
22-Julio-2022 11:45
Biblioteca
El Ayuntamiento de Ourol organiza, los días 6 e 7 de agosto, unas SALIDAS GUIADAS en un AUTOBÚS DE ÉPOCA que recorrerá los puntos más representativos de la arquitectura indiana de Ourol. Visitaremos las casas de estilo indiano y cosmopolita con sus características fachadas, con galerías y adornos que las hacen únicas; las escuelas que promovieron los emigrantes a través de sociedades o con donaciones particulares. Un viaje en el tiempo para visitar nuestro patrimonio indiano, para recuperarlo y ponerlo en valor.
Las salidas se inician y acaban delante de la Casa del Ayuntamiento de Ourol. Las plazas son limitadas
Para anotarse puedes hacerlo a través del enlace que aparece más abajo.
https://docs.google.com/.../1FAIpQLSez9naQ.../viewform
Más información en el teléfono 982 55 90 19 en horario de 11:00 a 13:00 h.
20-Julio-2022 13:12
Biblioteca
A Deputación de Lugo puxo en marcha o programa Activate que se compón dunha serie de actividades de turismo activo, de carácter gratuito.
O sábado día 23 de xullo, en horario de 10h a 12h, celebrarase no Concello de Ourol a actividade denominada Clase dirixida combinada cun total de 30 participantes; dita actividade será unha divertida clase que inclúa elementos de forza, cardiovasculares, relaxación e corrección postural, todo isto xunto cun acompañamento musical.
Esta actividade estará supervisada por profesionais do sector.
Para poder inscribirse nesta actividade poderase facer a través da web https://inscricions.deputacionlugo.org/gl entre os días 15 de xullo e 21 de xullo.
No caso de ter calquera dúbida, poderase poñer en contacto co Servizo de Turismo no correo activate@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 260 235.
19-Julio-2022 13:49
Turismo
OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL:
1 LIMPADOR/A. XORNADA COMPLETA (CONTRATO DE INTERINIDADE)
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de unha praza de limpador/a de edificios municipais no Concello de Ourol a xornada completa.
Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal de substitución da persoa traballadora polo tempo que dure a baixa.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 19 ao 22 de xullo de 2022 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
18-Julio-2022 11:40
Emprego
OBXECTO: As axudas do bono de alugueiro social están destinadas a atender, con carácter urxente, os seguintes colectivos:
a) Aquelas unidades de convivencia que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda por estaren inmersas en situación de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) As unidades de convivencia das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda.
c) Aquelas unidades de convivencia con dificultades para asumiren o custo do arrendamento dunah vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufructuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas unidades de convivencia ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, lle finalizase a vixencia do seu contrato, unha vez publicada esta resolución.
e) Aquelas unidades de convivencia ás cales, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras cos concellos, a Comisión de Seguimento e Coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda.
f) Aquelas unidades de convivencia que, sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes de Reestructuración Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia dos seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de axuda do Programa do bono alugueiro social.
g) Os/as mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, co obxecto de facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de arrendamento
h) As persoas que fosen privadas da ´sua vivenda habitual como consecuencia de procedmementos xudiciais de execución hipotecaria ou dun acordo extraxudicial de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras.
i) As persoas que sexan beneficiairas do bono de alugueiro social, ou que estean en situación de prórroga, con base nas convocatorias anteriores, sempre que acrditen que continúan en situación de vulnerabilidade.
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
- Posuir a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados memebros da UE ou do Espazo Económico Europeo.
- Estar empadroadas e ter resiencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.
- Ser titulares ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha duración mínima dun ano.
- Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituir o seu domicilio habitual e permanente.
- Que a renda do contrato de arrendamento non supere os importes sinalados no ordinal oitavo das bases reguladoras (425 € no caso de vivendas situadas no Concello de Ourol).
- Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan iguais ou infeiores a 1,5 veces o IPREM.
- Que nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora.
- Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convicneica teña no terriotiro nacional unha vivneda en propiedade ou en usufruto.
- Que non sexan arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
CONTÍA E DURACIÓN DAS AXUDAS:
Ata o 100 % da renda do contrato de arrendamento.
A axuda recoñecerase deste o mes en que se dite a resolución de concesión.
Cada unidade de convivencia só poderá percibir unha axuda de doce bonos mensuais consecutivos, que será susceptible de catro prórrogas ordinarias sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de cinco anos.
En todo caso, as axudas concedidas, tanto en concesión iniciais como en sucesivas prórrogas, non se poderán estender máis aló do 31/12/2026.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: Ata o 30 de novembro de 2026 ou ata o esgotamento do crédito.
INFORMA: Resolución do 1 de xullo de 2022 do IGVS (DOG nº 133 de data de 13/07/2022)
14-Julio-2022 12:31
Emprego
A Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU) e a Deputación de Lugo poñen en marcha o Programa Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si.
Trátase dunha iniciativa que dará apoio, formación e asesoramento de maneira gratuita a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para que melloren o seu negocio ou poidan poñer en marcha con garantías a súa idea emprendedora.
Co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar a súa participación, todas as acción do proxecto faranse de maneira deslocalizada, nas comarcas da Mariña, Lugo, A Ulloa, Terra Chá, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra. En cada unha destas comarcas realizarase unha presentación e un almorzó de traballo no que participarán 25 mulleres de cada unha das zonas obxecto da iniciativa, coa finalidade de crear sinerxias e fomentar o intercambio de experiencias entre elas.
Nunha segunda fase do proxecto participarán unha selección de 5 empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo, as cales recibirán unha formación e un asesoramento persolanizados, que irán dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade ae abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan o s negocios en marcha, e para constituir e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.
Está aberto o prazo de inscripción para a participación na edicion da comarca de A Mariña.
O vindeiro 18 de xullo ás 10:00 horas terá lugar un almorzo gratuito no Restaurante O Frenazo (Alfoz) para que as emprendedoras e empresarias da comarca da Mariña se coñezan.
Para inscricións, información e consultas poden chamar ao 982-226991 / 655947735
14-Julio-2022 09:02
Emprego
Dende hoxe ata o venres temos unha masa de aire quente, procedente do norte de África, que nos vai deixar unhas temperaturas moito mais altas do habitual, tanto de día como de noite, ainda que os riscos para personas e animales son nas horas centrales do día.
Ainda que este é un aviso para a poboación en xeral, rogamos extremar as precaucións en nenos (menores de 5 anos), persoas de idade avanzada e as persoas con enfermidades crónicas.
Recomendamos evitar estar no exterior ó sol nas horas centrales do día, evitar facer deporte ou ir a praia.
Recomendamos beber auga ou zumos lixeiramente fríos, sen esperar a ter sede. Utulizar roupa folgada e lixeira de cores claras, sombreiros e cremas protectoras para a pel.
Nos momentos de calor mais intensa darnos unha ducha ou baño con auga morna.
Coidado coas nosas mascotas e sobretodo con deixar un can ou gato no interior do vehículo.
Sexamos responsables polo noso ben e polo dos nosos seres queridos.
11-Julio-2022 22:52
Protección Civil
CURSOS GRATUITOS ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN BUMEI (MULLERES EN IGUALDADE DE BURELA)
REALIZARANSE NO CONCELLO DE OUROL ENTRE OS MESES DE XULLO E AGOSTO
SON CURSOS DE 2 DÍAS DE DURACIÓN EN HORARIO DE MAÑÁ
PRECÍSASE UN NÚMERO MÍNIMO DE 5 PERSOAS PARA PODER IMPARTIR O CURSO
SE ESTÁS INTERESADO/A EN PARTICIPAR NALGÚN CURSO CONTACTA CO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS (982559109 /677489457)
CURSOS:
- HABILIDADES SOCIAIS PARA A BÚSQUEDA ACTIVA DE EMPREGO E COMPETENCIAS DIXITAIS TICS BÁSICAS PARA O EMPREGO
- TRÁMITES ONLINE DE ACCESO Ó MERCADO LABORAL
- EMPRENDEMENTO FEMININO
- EMPODERAMENTO, MOTIVACIÓN E AUTOESTIMA
08-Julio-2022 12:16
Servicios Sociales
AXUDAS ÁS FAMILIAS CON NENOS E NENAS DE ATA 12 ANOS DE IDADE, PARA A ATENCIÓN DE NECESIDADES DE CONCILIACIÓN DE CARÁTER PUNTUAL OU DURANTE OS PERÍODOS ESCOLARES, QUE TEÑAN LUGAR ENTRE O 1 DE XANEIRO E O 14 DE SERTEMBRO DE 2022
- AXUDAS DE ATA 500 EUROS POR UNIDADE FAMILIAR, PARA A CONTRATACIÓN DUNHA PERSOA EMPREGADA DO FOGAR OU DE SERVIZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA A DOMICILIO.
- AXUDAS DE ATA 200 EUROS POR CADA NENO OU NENA, PARA A ASISATENCIA A SERVIZOS DE CONCILIACIÓN OU A CAMPAMENTOS OU OUTROS RECURSOS DE CONCILIACIÓN COLECTIVOS ESPECÍFICAMENTE ORGANIZADOS PARA A ATENCIÓN DAS NENAS E NENOS NOS PERÍODOS VACACIONAIS ESCOLARES.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 30 de setembro de 2022
08-Julio-2022 11:32
Servicios Sociales
QUEN PODE PEDIR ESTA AXUDA?
Pode pedir esta axuda aquelas persoas que, a 27 de xuño de 2022:
Teñan residencia legal e efectiva en España e a tiveran de forma continuada e ininterrumpida durante o ano inmediato anterior.Realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estén dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ouEstén inscritos como desempregados na oficina de emprego, estén cobrando ou non a prestación ou subsidio por desempleo.As rendas obtidas en 2021, incluidas as que perciban os convivintes, sexan inferiores a 14.000 euros e o patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196,40 euros.
PRAZO PARA SOLICITAR A AXUDA DE 200 €?
Ata o 30 de setembro de 2022
COMO SE PODE SOLICITAR A AXUDA?
A axuda solicitarase a través do formulario electrónico dispoñible na Sede Electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Para a presentación da solicitude é necesario dispoñer de Cl@ve o certificado electrónico (incluido DNI-e).
Para a solicitude destas axudas debese consignar o NIF do solicitante y das personas que convivan no mismo domicilio y unha conta bancaria titularidade do solicitante na que desexa que se realice o abono da axuda.
07-Julio-2022 11:04
Servicios Sociales
Lembrade que hoxe as 19:30 no edificio multiusos de Ourol temos a presentación do libro "Las jarras del trotamundos" de Javier Mariño.
Vémonos!!
07-Julio-2022 09:35
Biblioteca
El próximo día 7 de julio a las 19:30 en el edificio multiusos de Ourol estará con nosotros Javier Mariño para presentar su libro. "Las jarras del trotamundos" es la primera novela de Javier. Escrita durante la pandemia, el autor nos presenta una novela en la que el protagonista, Alberto, viaja por todo el mundo cumpliendo su sueño de conocer todos los países del mundo, al tiempo que también realiza un viaje personal. Una novela de misterio, de amor, de amistad de superación.... Una novela vitalista imprescindible para este verano.
Te esperamos!! Entrada libre.
05-Julio-2022 09:12
Biblioteca
CONVOCATORIA DE AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2021-2022) (2ª CONVOCATORIA)
BENEFICIARIOS: Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.
Quedan excluídos desta convocatoria aqueles/as xoves que tiveran sido beneficiarios/as na anterior convocatoria aprobada polo concello de Ourol (BOP Lugo 150, do sábado 02 de xullo de 2022)
REQUISITOS:
- Estar empadroado no Concello de Ourol
- Figurar matriculado no curso académico 2021-2022 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.
TIPO DE AXUDAS:
Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios:
- De 1 Km a 15 Km ........................ 120 €
- De 15 Km a 50 Km .......................150 €
- De 50 Km a 175 Km .....................200 €
- De máis de 175 Km ..................... 250 €
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 8 de setembro de 2022
DOCUMENTACION A APORTAR:
- Modelo de solicitude
- Fotocopia do DNI do/a solicitante cotexado co seu orixinal.
- Certificación bancaria da conta corrente do interesado
Xustificación para o cobro da axuda:
1.- Para os alumnos universitarios:
1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.
1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2021-2022.
1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos
2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:
2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2021-2022.
04-Julio-2022 10:06
Info General
A Piscina Municipal de Ourol abre hoxe 1 de xullo as súas instalacións ao público
O periodo de apertura da piscina municipal do Concello de Ourol para este ano 2022 será o seguinte:
1 DE XULLO- 11 DE SETEMBRO de 2022
Durante este periodo o horario de apertura será:
12:00 horas- 21:00 horas
01-Julio-2022 12:12
Info General
Está aberta a selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de conductores do vehículo motobomba no Concello de Ourol.
Os postos a cubrir son:
- Un Xefe de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
- Un Peon Conductor de Incendios, tres meses a xornada completa
- Tres Peons de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
- Tres Conductores de vehículo motobomba, tres meses a xornada completa
O prazo de presentación de instancias estará aberto ata ao 7 de xullo de 2022 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao teléfono 982-559109.
As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
01-Julio-2022 10:19
Emprego
El próximo día 7 de julio a las 19:30 en el edificio multiusos de Ourol estará con nosotros Javier Mariño para presentar su libro. "Las jarras del trotamundos" es la primera novela de Javier. Escrita durante la pandemia, el autor nos presenta una novela en la que el protagonista, Alberto, viaja por todo el mundo cumpliendo su sueño de conocer todos los países del mundo, al tiempo que también realiza un viaje personal. Una novela de misterio, de amor, de amistad de superación.... Una novela vitalista imprescindible para este verano.
Te esperamos!! Entrada libre.
01-Julio-2022 10:17
Biblioteca
XA ESTÁN CUBERTAS TODAS AS PRAZAS DA LUDOTECA
23-Junio-2022 12:07
Servicios Sociales
O Concello de Ourol informa dos novos servicios que prestan os carteiros rurais de Galicia. Os veciños de Ourol poderán a través dos carteiros e carteiras, realizar dende a súa casa:
- O envío e recibo de paquetería.
- O pago de recibos e tributos.
- A compra de embalaxes, sobres e selos
- Xestión de servicios de luz, gas e telefonía.
- Solicitar o envío de diñeiro en efectivo.
23-Junio-2022 10:13
Info General
INSPECCIÓN TÉCNICA PERIÓDICA DE VEHÍCULOS AGRICOLAS
Unha unidade móbil desprazarase ao concello de Ourol para realizar a Inspección Técnica Periódica de
Vehículos Agrícolas.
Día: 07de xullo de 2022.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Lugar: Praza do Concello.
Pódese solicitar cita previa no teléfono: 902-309000 ou na web: www.sycitv.com
23-Junio-2022 10:04
Info General
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ten previsto celebrar no Concello de Ourol un CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MOTOSERRA E ROZADOIRA.
DESTINATARIOS: Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso. No caso de haber máis solicitudes que prazas os criterios de selección son:
1.- Grupo de prioridade 1: persoas con vinculación laoral ou formación na materia.
2.- Grupo de prioridade 2: resto de persoal
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 27 ao 29 de xuño de 2022 en horario de 09:00 a 14:00 horas
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
DURACIÓN: 15 horas
NÚMERO DE PRAZAS: 15
SOLICITUDES: As persoas interesadas deberán utilizar o formulario que se recolle no Anexo II e que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (http://issga.xunta.gal).
Xunto coa solicitude achegarase tamén:
- Copia do DNI/NIF/NIE/Pasaporte.
- De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (contratos de traballo ou títulos de formación)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Ata o 22 de xuño de 2022 no correo electrónico: formacion@conformaforestal.com
INFORMACION: 981-551704
21-Junio-2022 08:59
Emprego