Parece que esta fin de semana se presenta con tempo frío e desapacible. O tempo ideal para quedar na casa á carón do lume e cun bo libro. Estas son as nosas recomendacións.
Parece que esta fin de semana se presenta con tempo frío e desapacible. O tempo ideal para quedar na casa á carón do lume e cun bo libro. Estas son as nosas recomendacións.
03-Diciembre-2020 13:41
Biblioteca
Xa están a disposición de todos/as os/as veciños/as do concello os calendarios do 2021. Poden recollerse nas dependencias municipais de forma totalmente gratuíta.
03-Diciembre-2020 11:33
Info General
Desde a Biblioteca de Ourol destacamos as seguintes novidades en infantil.
01-Diciembre-2020 09:25
Biblioteca
A biblioteca de Ourol conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero seleccionando as seguintes lecturas coa finalidade de remover conciencias e cambiar conductas que deben iniciarse con pequenos actos cotidianos.
25-Noviembre-2020 10:05
Biblioteca
O Concello de Ourol, por segundo ano consecutivo, únese á CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS para poñer de manifesto a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mullleres. Dende o Concello de Ourol queremos reiterar, neste 25 de novembro, o noso compromiso para erradicar as violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance e incluindo a todas e todos nesta loita (axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación…), recoñecendo, deste xeito, o importante papel das entidades locais como poderes públicos próximos ás realidades que viven mulleres e menores. No que vai de ano, 41 mulleres foron asasinadas en España víctimas da violencia machista. Por iso, este 25 de novembro invitamos a toda a cidadanía a que nos vistamos de loito, no traballo, na casa e na rúa, facendo visible os feminicidios, facendo visilble as violencias. Se queredes participar facendo visible o voso apoio neste campaña a través das redes sociais, podedes poñervos en contacto con nós a través do teléfono 982559109 ou no 677489457 para proporionarvos toda a información e materiais necesarios. AsÍ mesmo, neste contexto de crise sanitaria, e ante a dificultade de levar a a cabo actividades presenciais como en anos anteriores, convidamos a toda a veciñanza a manter un minuto de silenzo o día 25 de novembro ás 12:00 horas polas víctimas de violencia contra as mulleres, polas asasinadas e polas supervivintes. Non somos unha, nin dúas, somos milleiros de persoas que estamos fartas de aturar as violencias machistas. En xogo está a vida de milleiros de mulleres, por iso, EU LOITO CONTRA AS VIOLENCIAS, LOITO CONTRA O MACHISMO. DÍA: 25 de NOVEMBRO DE 2020 HORA: 12:00 HORAS 1 MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍCTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
23-Noviembre-2020 11:39
Info General
PEDIATRASXA MATRONASXA O Concello de Ourol, mostra o seu apoio ó acto reivindicativo do día 20 de Novembro, Día Universal da Infancia, promovido pola plataforma PediatrasXa MatronasXa, creada en protesta pola falta de pediatras e matronas en Galicia.
20-Noviembre-2020 10:23
Info General
Aventuras, ciencia, misterio.... todo esto o podes atopar nos libros. Disfruta e aprende lendo!
16-Noviembre-2020 14:14
Biblioteca
Esta semana recomendámosche os seguintes libros.
09-Noviembre-2020 11:24
Biblioteca
Aquí che deixamos algunhas das últimas novidades incorporadas ó noso catálogo.
09-Noviembre-2020 09:32
Biblioteca
Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor IV”. Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade. A duración do obradoiro é de 9 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, correspondendo 6 a este concello distribuídos nas seguintes especialidades: - Traballos de carpintería e moble: 3 alumnos - Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 3 alumnos Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados/as e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente. Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director, tres monitores e un administrativo. Os interesados/as deberán pasar canto antes pola Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e nunha das dúas especialidades en concreto. A data prevista de inicio do obradoiro é o 15 de decembro de 2020
06-Noviembre-2020 09:32
Emprego
É tempo de quedar na casa e ler un libro. Nós recomendámosche a seguinte lectura.
03-Noviembre-2020 09:51
Biblioteca
Ahora xa podes renovar os libros prestados desde a túa casa. Sigue os pasos que che mostramos a continuación. É moi fácil. Tamén podes chamar por teléfono a túa biblioteca: 982 55 90 19.
02-Noviembre-2020 09:44
Biblioteca
A Biblioteca Municipal de Ourol recomenda as seguintes lecturas para este samaín.
30-Octubre-2020 12:48
Biblioteca
Recomendamos estas lecturas destinadas ó publico xuvenil. Pasa pola túa biblioteca e descubre estas e moitas máis lecturas interesantes!
26-Octubre-2020 12:35
Biblioteca
A Biblioteca de Ourol recomenda estes libros para os máis pequenos da casa!
21-Octubre-2020 09:59
Biblioteca
AMPLIACIÓN DE CRÉDITO para as AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUMINISTRO ELÉCTRICO ÓS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL. REQUISITOS: - Residir na C.A. de Galicia - Ser titular do contrato de suministro eléctrico - Ter contratada a tarifa de último recurso coa aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40%) - Estar en risco de exclusión social PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 30 de novembro GASTOS SUBVENCIONABLES: 50% do importe das facturas que estén pendentes de pago e emitidas entre os 2 meses anteriores á data da solicitude e o 30 de novembro de 2020
20-Octubre-2020 14:24
Servicios Sociales
A continuación mostrámosche como funciona esta plataforma que che permite tomar prestados libros, películas ou revistas en formato electrónico sen custe de ningún tipo. Para calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós no teléfono 982 55 90 19. Tamén tes máis información na páxina galiciale.gal
19-Octubre-2020 12:30
Biblioteca
Hoxe, 15 de outubro celébrase o Día das Escritoras, e desde a Biblioteca Municipal de Ourol queremos rendir a nosa particular homenaxe recomendandoche os seguintes libros.
15-Octubre-2020 09:46
Biblioteca
A biblioteca de Ourol xa ten a disposición de todos os seus socios/as os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna. Reserva o teu exemplar no teléfono 982559019. Lembra que para poder levar libros prestados debes ter a tarxeta de socio/a, un trámite que podes realizar na propia biblioteca sen custe ningún.
14-Octubre-2020 10:52
Biblioteca
Descubre as últimas novidades da biblioteca de Ourol no catálogo da rede. Si es socio/a e aínda non tes a túa tarxeta de socio/a pasa a recollela; e si aínda non o es faite xa!! É totalmente gratuíto e podes disfrutar de múltiples vantaxes. https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
08-Octubre-2020 14:03
Biblioteca
Solicita xa o teu carné de socio/a e comeza a disfrutar das vantaxes que che ofrece a Rede de Bibliotecas de Galicia. Máis información na Biblioteca Municipal de Ourol
30-Septiembre-2020 12:09
Biblioteca
A Biblioteca de Ourol acaba de integrarse no catálogo da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia. Descubre as vantaxes que ten esta incorporación e faite socio/a xa!!!! Si xa es socio/a so tes que pasar a recoller a túa nova tarxeta pola bilblioteca. Este carné darache acceso a todas as bibliotecas municipais da rede con máis de 900.000 títulos e 3.000.000 de exemplares.
29-Septiembre-2020 09:26
Biblioteca
A biblioteca de Ourol ten a disposición dos seus socios/as os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna. Infórmate no 982 55 90 19.
29-Septiembre-2020 09:24
Biblioteca
Recordámosvos que o prazo de solicitude das Axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021 remata o vindeiro martes 22 de setembro.
17-Septiembre-2020 09:21
Servicios Sociales
INICIO: 14 DE OUTUBRO DÍAS: UN DÍA Á SEMANA (OS MÉRCORES) LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS HORARIO: 11:00-12:30 AFORO LIMITADO USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA SÓ PARA PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO PARA ANOTARSE: 982559109 (DEPART. SERVIZOS SOCIAIS)
17-Septiembre-2020 09:16
Servicios Sociales