A Biblioteca Municipal de Ourol recomenda as seguintes lecturas para este samaín.
A Biblioteca Municipal de Ourol recomenda as seguintes lecturas para este samaín.
30-Octubre-2020 12:48
Biblioteca
Recomendamos estas lecturas destinadas ó publico xuvenil. Pasa pola túa biblioteca e descubre estas e moitas máis lecturas interesantes!
26-Octubre-2020 12:35
Biblioteca
A Biblioteca de Ourol recomenda estes libros para os máis pequenos da casa!
21-Octubre-2020 09:59
Biblioteca
AMPLIACIÓN DE CRÉDITO para as AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUMINISTRO ELÉCTRICO ÓS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL. REQUISITOS: - Residir na C.A. de Galicia - Ser titular do contrato de suministro eléctrico - Ter contratada a tarifa de último recurso coa aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40%) - Estar en risco de exclusión social PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 30 de novembro GASTOS SUBVENCIONABLES: 50% do importe das facturas que estén pendentes de pago e emitidas entre os 2 meses anteriores á data da solicitude e o 30 de novembro de 2020
20-Octubre-2020 14:24
Servicios Sociales
A continuación mostrámosche como funciona esta plataforma que che permite tomar prestados libros, películas ou revistas en formato electrónico sen custe de ningún tipo. Para calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós no teléfono 982 55 90 19. Tamén tes máis información na páxina galiciale.gal
19-Octubre-2020 12:30
Biblioteca
Hoxe, 15 de outubro celébrase o Día das Escritoras, e desde a Biblioteca Municipal de Ourol queremos rendir a nosa particular homenaxe recomendandoche os seguintes libros.
15-Octubre-2020 09:46
Biblioteca
A biblioteca de Ourol xa ten a disposición de todos os seus socios/as os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna. Reserva o teu exemplar no teléfono 982559019. Lembra que para poder levar libros prestados debes ter a tarxeta de socio/a, un trámite que podes realizar na propia biblioteca sen custe ningún.
14-Octubre-2020 10:52
Biblioteca
Descubre as últimas novidades da biblioteca de Ourol no catálogo da rede. Si es socio/a e aínda non tes a túa tarxeta de socio/a pasa a recollela; e si aínda non o es faite xa!! É totalmente gratuíto e podes disfrutar de múltiples vantaxes. https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
08-Octubre-2020 14:03
Biblioteca
Solicita xa o teu carné de socio/a e comeza a disfrutar das vantaxes que che ofrece a Rede de Bibliotecas de Galicia. Máis información na Biblioteca Municipal de Ourol
30-Septiembre-2020 12:09
Biblioteca
A Biblioteca de Ourol acaba de integrarse no catálogo da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia. Descubre as vantaxes que ten esta incorporación e faite socio/a xa!!!! Si xa es socio/a so tes que pasar a recoller a túa nova tarxeta pola bilblioteca. Este carné darache acceso a todas as bibliotecas municipais da rede con máis de 900.000 títulos e 3.000.000 de exemplares.
29-Septiembre-2020 09:26
Biblioteca
A biblioteca de Ourol ten a disposición dos seus socios/as os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna. Infórmate no 982 55 90 19.
29-Septiembre-2020 09:24
Biblioteca
Recordámosvos que o prazo de solicitude das Axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021 remata o vindeiro martes 22 de setembro.
17-Septiembre-2020 09:21
Servicios Sociales
INICIO: 14 DE OUTUBRO DÍAS: UN DÍA Á SEMANA (OS MÉRCORES) LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS HORARIO: 11:00-12:30 AFORO LIMITADO USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA SÓ PARA PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO PARA ANOTARSE: 982559109 (DEPART. SERVIZOS SOCIAIS)
17-Septiembre-2020 09:16
Servicios Sociales
DATA DE INICIO: 2 DE OUTUBRO (VENRES) DÍAS: DOUS DÍAS Á SEMANA (MARTES E VENRES) HORARIO: 11:00-12:00 LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS SÓ PERSOAS EMPADROADAS EN OUROL AFORO LIMITADO USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA PARA ANOTARSE: 982 559109 (DEPART. SERVIZOS SOCIAIS)
17-Septiembre-2020 09:12
Servicios Sociales
ENTREGA DE MOCHILAS ESCOLARES No marco do acordo de colaboración entre o Concello de Ourol e a empresa Greenalia S.A para atender gastos polo comezo do curso académico, entregarase unha mochila escolar a cada alumno/a no momento en que formalice a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para alumnado empadroado no concello de Ourol que se atope matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, para o curso 2020/2021, unha vez verificado que cumpre cos requisitos que dan dereito á axuda.
09-Septiembre-2020 13:30
Servicios Sociales
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO EN SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E EDUCACIÓN ESPECIAL, PARA O CURSO 2020/2021. Publicadas no BOP de Lugo (núm. 206 do martes 8 de setembro de 2020) http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/74004 Trátase de dous tipos de axudas económicas para atender ós gastos orixinados polo comezo do curso escolar (libros de texto, material didáctico complementario e outros gastos directamente relacionados). TIPOS DE AXUDAS: 1.- LIÑA A: derivado do convenio de colaboración coa entidade Greenalia S.A. Para gastos en material escolar de tódalas familias do noso concello con fillos/as menores de 16 anos escolarizados no curso 2020/2021 nalgún dos niveis educativos ós que da dereito a axuda e, en especial, para aquelas en situación de emerxencia social derivada da crise do COVID-19. O/a alumno/a deberá atoparse empadroado/a no Concello de Ourol á data da solicitude cunha antigüidade mínima de 3 meses. Documentación: 1. Solicitude segundo modelo normalizado. 2. DNI da persoa solicitante. 3. Documento acreditativo de atoparse matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial para o curso 2020/2021. 4. Certificado do número de conta bancario onde se efectuará o pago da axuda. Contía da axuda: máximo 60€ por alumno/a. 2.- LIÑA B: Para gastos en material escolar daquelas familias con rentas máis baixas (renda per cápita anual inferior a 9000€). Documentación: 1. Solicitude en modelo normalizado. 2. DNI da persoa solicitante e resto dos membros da unidade familiar obrigad@s a telo. 3. Libro de familia. 4. Declaración da renta do exercicio 2019 de tódolos membros computables da unidade familiar. 5. Documentos acreditativos para valoración de circunstancias persoais. 6. Certificado número de conta bancario onde se efectuará o pago da axuda. 7. Documento acreditativo de atoparse matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial para o curso 2020/2021. Contía da axuda: máximo 100€ por alumno/a. PRAZO DE SOLICITUDE: 22 DE SETEMBRO DE 2020 PARA MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES: CHAMAR Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE OUROL (982 559109)
08-Septiembre-2020 13:42
Servicios Sociales
Infórmase que está aberto o prazo extraordinario de matrícula para o curso 2020-2021 na Casa Niño de Ourol do 2 ao 7 de setembro de 2020. Para máis información poden chamar ó teléfono 697293062
03-Septiembre-2020 13:15
Servicios Sociales
O domingo 6 de setembro de 2020 terá lugar, ás 17:00 horas no Edificio Multiusos do Concello de Ourol, a representación teatral "La Pimentera". Posteriormente realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual. Para dar cumprimento ás medidas de seguridade contra o Covid-19, será obrigatorio o uso de máscara e o aforo limitarase a 30 persoas. Esta actividade enmárcase no Programa de actividades que teñen como finalidade o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.
02-Septiembre-2020 09:07
Servicios Sociales
O domingo 6 de setembro de 2020 terá lugar, ás 17:00 horas no Edificio Multiusos do Concello de Ourol, a representación teatral "La Pimentera". Posteriormente realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual. Para dar cumprimento ás medidas de seguridade contra o Covid-19, será obrigatorio o uso de máscara e o aforo limitarase a 30 persoas. Esta actividade enmárcase no Programa de actividades que teñen como finalidade o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.
14-Agosto-2020 10:09
Servicios Sociales
OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL: 1 AUXILIAR DE FOGAR. XORNADA PARCIAL (62,50 %) Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición de un/unha auxiliar de fogar a xornada parcial (62,50 %) mediante contrato de interinidade Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal de interinidade. O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 22 ao 24 de xullo de 2020 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol através do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol e poden consultarse no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
21-Julio-2020 13:38
Emprego
O Concello de Ourol concedo axudas destinadas a sufragar gastos de desprazamentos dos alumnos do Concello que estudan fora do termo municipal, durante o curso escolar 2019-2020. Para acceder a estas axudas os alumnos deben: - Estar empadroados no Concello de Ourol - Figurar matriculados no curso 2019-2020 - Terse presentado alomenos a un 50% das materias correspondentes ao curso 2019-20 A presentación de solicitudes, para acceder a estas axudas, farase no Concello de Ourol, e o prazo para a súa presentación será ata o 5 de agosto de 2020.
21-Julio-2020 12:47
Info General
INSPECCIÓN TÉCNICA PERIÓDICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS Dia: 20 de xullo de 2020 Horario: De 12:30 a 16:45 h. Lugar: Praza do concello. Para evitar esperas innecesarias os usuarios poderán solicitar cita previa no teléfono 902 30 90 00 ou na web: www.sycitv.com
08-Julio-2020 09:48
Info General
A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE OCIO NO CONCELLO DE OUROL DURANTE 5 DÍAS A PARTIR DAS 00.00 HORAS DO DÍA 6 DE XULLO Con motivo da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na zona da Mariña Lucense e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade quedan suspendidas durante 5 días, dende as 00.00 horas do día 6 de xullo de 2020, as seguintes actividades no Concello de Ourol: - LUDOTECA DE VERAN - CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA - CURSO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
06-Julio-2020 09:48
Servicios Sociales
O Concello de Ourol informa que a través dun acordo entre a Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia, aprobouse o Programa de Tarxeta-Moedeiro para adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.
03-Julio-2020 11:13
Servicios Sociales
COMUNICADO CON RELACIÓN Ó SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
30-Junio-2020 14:08
Servicios Sociales