Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 20ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Cubelas (Ribadeo) Sábado 14 de marzo 18:30 horas Entrada gratuita
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 20ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Cubelas (Ribadeo) Sábado 14 de marzo 18:30 horas Entrada gratuita
11-Marzo-2020 11:05
Cultura y ocio
A Consellería de Política Social convoca axudas para a obtención do permiso de conducir B e C. Mais información no documento adxunto.
10-Marzo-2020 14:02
OMIX
O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, acaba de editar o libro “Cruceiros, cristos, cruces e monumentos do Concello de Ourol”. Un exhaustivo estudo de todos os cruceiros, cruces e cristos de Ourol no que se constata a nosa riqueza en patrimonio relixioso. O autor Mario Saavedra Pérez recupera estes elementos tan presentes na nosa paisaxe coa finalidade de que o paso do tempo ou o simple abandono non os borren da memoria colectiva. Por todo isto, comunícase que se pode pasar a recoller dito libro nas dependencias municipais ou na Casa da Cultura, e que se entregará un exemplar por vivenda a empadroados no concello.
09-Marzo-2020 14:27
Biblioteca
OBXECTO: Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3. As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO. COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN: Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave: - Comunicación en lingua galega - Comunicación en lingua castelán. - Comunicación en lingua extranxeira (inglés) - Competencia matemática. No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 20 de marzo de 2020. CALENDARIO DO PROCEDEMENTO: Prazo presentación solicitudes Ata o 20 de marzo de 2020 Publicación da lista provisional de admitidos 20 de abril de 2020 Presentación de alegacións Ata o 24 de abril de 2020 Publicación da lista definitiva de admitidos 7 de maio de 2020 Realización das probas: Competencias clave de nivel 2 Competencias clave de nivel 3 Os dous niveis o sábado 16 de maio de 2020 Publicación dos resultados provisionais das probas 29 de xuño de 2020 Presentación de reclamacións Ata o 3 de xullo de 2020 Publicación dos resultados definitivos das probas 17 de xullo de 2020 INFORMACIÓN: DOG nº 38 de 26 de febreiro de 2020.
27-Febrero-2020 13:34
Emprego
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 18ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Outeiro de Rei Sábado 29 de febrero 18:00 horas Entrada gratuita
26-Febrero-2020 15:26
Cultura y ocio
OBXECTO: Facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida (entre os 2 e 12 anos), exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia. PRAZAS E DURACIÓN: Convócanse ata un máximo de 90 prazas, cunha duración de entre 7 e 9 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro. CUSTE: GRATUITO (Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade). PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 24 de marzo de 2020 .
26-Febrero-2020 13:34
Servicios Sociales
Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad de Burela e dentro do seu programa Inserta Brumei, vaise a levar a cabo un CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA. Este curso, que dará comezo o día 2 de marzo de 2020, realizarase de luns a venres en horario de 10:00 a 12:00 e prolongarase durante 4 meses. As clases terán lugar na Casa da Cultura (2ª planta). O curso incluirá contidos relacionados con formacion inicial básica para o manexo dun ordenador (teclado, rato, escritorio...etc), inicio aos navegadores da internet, inciación ó correo electrónico e nocións básicas para elaborar e modificar o curriculum vitae así como o envío do mesmo a través de internet.
24-Febrero-2020 11:59
Servicios Sociales
Con motivo da celebración do Día da Muller, o domingo 15 de marzo de 2020, terá lugar ás 17:00 horas no Edificio Multiusos, a representación teatral "La Pimentera". Posteriormente realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual.
18-Febrero-2020 09:54
Servicios Sociales
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións literarias para este día.
14-Febrero-2020 09:53
Biblioteca
Con motivo da Celebración do día da Muller, o vindeiro 8 de marzo de 2020 ás 14:00 horas terá lugar no Centro Social de Merille a IV Xuntanza de Mulleres do Concello de Ourol. Esta xuntanza consistirá nunha comida-baile que serva de espazo de celebración dos logros alcanzados polas mulleres nunha sociedade que segue a ser desigualitaria pero tamén como acto reivindicativo dos dereitos que aínda nos quedan por alcanzar. As entradas poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ata o día 4 de marzo. Será gratuita para as mulleres empadroadas e terá un custe de 20€ para non empadroadas.
13-Febrero-2020 13:23
Servicios Sociales
Está aberto o prazo de inscrición de prazas para o programa "Elixe Galicia", un programa destinado a subvencionar parcialmente o custo de estadías turísticas en Galicia para mozos/as menores de 30 anos, familias e maiores.
06-Febrero-2020 09:40
OMIX
MODALIDADES: - Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade. - Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia. REQUISITOS: - Que ben o coidador ou ben a persoa que atende, sexan residentes na CA de Galicia. - Que a persoa a que se coida presente calquera das seguintes situacións: Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III. Que a persoa a que se coida presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social. Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do último exercicio. O período subvencionable comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de novembro de 2020. CONTÍA DA AXUDA: A contía estará determinada en función da renda per cápita da unidade familiar (RPCF), de acordo cos seguintes tramos: RPCF ata 3.750 euros: 14 €/hora. Superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora. Superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora. Superior a 10.000 euros: 7 €/hora. PRAZO: Ata o 30 de setembro de 2020. Para solicitudes e/ou máis información poden dirixire ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
05-Febrero-2020 09:00
Servicios Sociales
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vai a abrir próximamente o prazo para a solicitude de subvencións para o ano 2020 para proxectos de biomasa destinados a particulares BENEFICIARIOS: d) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial e) Comunidades ou Mancomunidades de veciños. f) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade. CONCEPTOS SUBVENCIONABLES: a) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas. b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema. c) O custo do sistema de almacenamento do combustible. d) O custo do sistema de alimentación do combustible. e) O custo de montaxe e conexión. f) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE. PRAZO SOLICITUDE BENEFICIARIOS: As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica. • Inicio solicitude: 14 de febreiro de 2020. • Fin solicitude: 16 de marzo de 2020 (incluido). CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS: A intensidade máxima da axuda será do 50 % A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 € INFORMACIÓN: INEGA. DOG do 23 de xaneiro de 2020. Cita previa: 981-541500 Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
04-Febrero-2020 10:23
Emprego
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vai a abrir próximamente o prazo para a solicitude de subvencións para o ano 2020 para: a) Proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares b) Proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares BENEFICIARIOS: a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial b) Comunidades ou Mancomunidades de veciños. c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade. Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro ata esgotar o crédito. A) SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DESTINADAS A PARTICULARES CONCEPTOS SUBVENCIONABLES: a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira, …) b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema c) O custo do sistema de almacenamento e de alimentación do combustible d) O custo de montaxe e conexión e) No caso de enerxía xeotérmica, o sistema de captción do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes,etc. CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS: O custo elixible máximo por vivenda variará en función da enerxía utilizada: 12.000 (xeotermia) e 6.000 (aerotermia e solar térmica) A intensidade máxima da axuda será do 50 %, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 35 %. A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 € B) SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES CONCEPTOS SUBVENCIONABLES: a) Os paneis fotovoltaicos. b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, protección, cableame, equipamentos de medidas, etc …), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc) e sistema de acumulación con baterías c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema. d) O custo de montaxe e conexión, a dirección de obra. e) O IVE, cando non sexa recuperable CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS: A intensidade máxima da axuda será do 50 % A contía máxima da axuda por proxecto será de 25.000 € Adicionalmente establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh incrementarase en 1.500 €. PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica. • Inicio solicitudes: A partir do 2 de marzo de 2020 para proxectos de enerxías renovables de uso térmico e partir do 3 de marzo de 2020 para proxectos de enerxía solar fotovoltaica. • Fin solicitude: 1 de xullo de 2020 (incluido) ou ata esgotar o crédito. INFORMACIÓN: INEGA. DOG do 23 de xaneiro de 2020. Cita previa: 981-541500 Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.
04-Febrero-2020 10:21
Emprego
ESTADÍAS DE OCIO PARA MOCIDADE, FAMILIAS E MAIORES EN DISTINTAS MODALIDADES (VACACIÓNS EN ZONAS COSTEIRAS, RUTAS DE PATRIMONIO HISTÓRICO E CULTURAL, RUTAS DE NATUREZA E MONTAÑA E ESTADÍAS EN BALNEARIOS) PRAZO DE SOLICITUDE: CONVOCATORIA 2020: ATA O 3 DE MARZO DE 2020 CONVOCATORIA 2021: DO 1 AO 30 DE SETEMBRO DE 2020 PARA MÁIS INFORMACIÓN E/OU SOLICITUDES PODEN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS (FAMILIAS E MAIORES) OU OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL (MOZOS/AS MENORES DE 30 ANOS) DO CONCELLO DE OUROL.
03-Febrero-2020 14:17
Info General
A Consellería de Cultura e Turismo convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Destinatarios: persoas maiores de 16 anos que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego. Modalidade: presencial e teleformación. Prazo de presentación: ata o 19 de febreiro. Información: no DOGA nº 19 do mércores, 29 de xaneiro do 2020 ou nas dependencias municipais da Casa da Cultura de Ourol e no teléfono 982 55 90 19 (Verónica).
31-Enero-2020 09:12
Biblioteca
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 14ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Riotorto Futsal Sábado 25 de xaneiro 19:30 horas Entrada gratuita
23-Enero-2020 11:11
Cultura y ocio
Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 14 do 22/1/2020)
23-Enero-2020 10:12
Info General
Tarxeta Benvida: axuda económica para as familias con fillos e fillas nados no ano 2020 Obxecto Concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2020 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aqueloutras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2018 e 2019, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías da ampliación desta axuda. A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia. Persoas beneficiarias 1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos: Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020. Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020. 2. As galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020. 3. Poderán beneficiarse da ampliación aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2018 e 2019 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas. O importe da axuda nestes casos establecerase en función dos meses que resten desde o 1 de xaneiro de 2020 ata que o neno ou nena que dá dereito á axuda faga tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos. Requisitos Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Considerarase cumprido este requisito co empadroamento efectivo nun concello de Galicia. Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €. * Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda prevista no artigo 4.2. Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2020 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno. Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, para ter dereito ao incremento da axuda do 25%. Estar en situación de especial vulnerabilidade téccnicamente valorada polo sistema público de servizos sociais e ter un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución, para percibir a axuda un ano mais. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No suposto de ter concedida a tarxeta Benvida para unha filla ou fillo en situación de garda con fins adoptivos, non pode volver solicitarse esta no momento de constituírse a adopción. * Para a determinación da renda da unidade familiar, con carácter xeral sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración da renda do último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención. Entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s e mais: As fillas e os fillos menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente. As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %. As menores e os menores en situación de garda con fins adoptivos. No suposto de non convivencia das dúas persoas proxenitoras se unha delas asume en solitario o sustento da unidade familiar (familias monoparentais segundo o disposto no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia), a renda da que non contribúe non será computada sempre que se acredite documentalmente a dita circunstancia. Contía da axuda 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes, con carácter xeral. 2.400 € a razón de 200 €/mes, se o fillo ou filla que dá dereito á axuda é o terceiro/a ou sucesivo/a. Esta axuda farase efectiva do seguinte xeito: Ano 2020: un único pagamento coa contía que corresponda en función do mes de nacemento, ou, de ser o caso, do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos e ata o mes de decembro, incluído. Ano 2021: un único pagamento coa contía que corresponda desde xaneiro e ata o mes anterior ao que o neno ou nena faga un ano ou ata o mes anterior a que se cumpra un ano do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos. Ampliación da axuda: as familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito á axuda no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos nas seguintes contías: 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro. 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo. 2.400 €/ano, a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos. Estas contías faranse efectivas en pagamentos anuais sucesivos co importe que corresponda ata o mes de decembro do exercicio en curso en función do mes de nacemento, ou do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos do fillo ou filla polo que se concedeu a axuda. As contías dos puntos anteriores incrementaranse un 25 % no suposto de residencia en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes segundo os últimos datos oficiais de poboación de carácter definitivo publicados polo Instituto Galego de Estatística. Excepcionalmente, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea tecnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data na que o neno ou nena faga os tres anos.
21-Enero-2020 12:29
Servicios Sociales
PRAZO DE SOLICITUDE: Dende o 21 de xaneiro ata o 10 de marzo (ambos incluídos) PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017. Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución. CONTÍA DA AXUDA: A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. A contía será a seguinte: - Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros. - Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros. - Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
21-Enero-2020 12:24
Servicios Sociales
A Consellería do Medio Rural ven de declarar que o Concello de Ourol deixa de ser considerado como zona infestada pola couza da pataca e pasa a ser considerado como zona tampón. Polo tanto levántase a prohibición de plantación de pataca no Concello de Ourol, pero cumprindo unha serie de medidas, tanto para a súa plantación como no seu almacenamento trala recollida.
21-Enero-2020 11:25
Info General
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 13ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Lodairo (Narón) Sábado 18 de xaneiro 18:30 horas Entrada gratuita
15-Enero-2020 11:02
Cultura y ocio
O Alcalde e a Corporación Municipal do Concello de Ourol, queren compartir con todas as veciñas e veciños de Ourol, os mellores desexos de paz e prosperidade, e desexarlles un feliz Aninovo.
31-Diciembre-2019 23:30
Info General
Mañá sábado (21 de decembro) chegará a borrasca explosiva Fabien (ciclogénesis explosiva) ó noso concello, traerá ventos huracanados de 150 km/h, e durará dende as 15 horas da tarde ata as 12 da noite, ainda que o vento xa empezará a soplar as 12 da mañá. Pregamos non sair das casas entras 15 horas e as 12 da noite, non sendo por extrema necesidade, en caso de ter que sair moito coidados nas estradas; xa que pode haber arbores ou ramas caídas, ou en espazos o aire libre onde poden caer árbores ou obxectos de fiestras, balcóns ou tellados. Moi importante levar o teléfono móvil con un e asegurarse de que ten a batería a tope.
20-Diciembre-2019 16:31
Protección Civil
O Concello de Ourol informa que se vai a levar a cabo a 1ª Xornada de Portas Abertas dos Bombeiros de Viveiro, para realizar unha recollida solidaria de: alimentos e productos de hixiene, xoguetes en bo estado ou novos, roupa infantil en bo estado. Dia: 27 de decembro Hora:De 11:00 a 15:00 Lugar: Parque de Bombeiros de Viveiro.
19-Diciembre-2019 12:01
Info General