Xa están a disposición de todos/as os/as veciños/as do concello os calendarios do 2020. Os calendarios poden recollerse nas dependencias municipais de forma totalmente gratuíta
Xa están a disposición de todos/as os/as veciños/as do concello os calendarios do 2020. Os calendarios poden recollerse nas dependencias municipais de forma totalmente gratuíta
17-Diciembre-2019 10:00
Info General
Está aberto o prazo de solicitude para o Programa de Termalismo do Imserso. Ata o 10 de xaneiro de 2020: para os turnos de febreiro a agosto Ata o 15 de maio de 2020: para os turnos de setembro a decembro Para máis información e formalización de solicitudes poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
17-Diciembre-2019 09:27
Servicios Sociales
Esta semana recomendamos...
05-Diciembre-2019 13:17
Biblioteca
O Concello de Ourol organiza un Campamento de Nadal para rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos de idade. O campamento terá unha duración de 8 días (do 23 de decembro ao 3 de xaneiro) en horario de 10:30 a 13:30 no Pavillón Polideportivo de Ourol. As inscricións poden realizarse ata o día 13 de decembro no Dpto. de Servizos Sociais.
02-Diciembre-2019 11:27
Info General
CAMPAÑA DÍA MUNDIAL DA SIDA 2019 “AS COMUNIDADES MARCAN A DIFERENCIA”. CONCELLO DE OUROL Dende o Concello de Ourol queremos unirnos á difusión da CAMPAÑA 2019 DE ONUSIDA, baixo o lema “AS COMUNIDADES MARCAN A DIFERENCIA”. A celebración do Día Mundial da Sida, que terá lugar o 1 de decembro de 2019, brinda unha oportunidade importante para recoñecer o papel fundamental que as comunidades (educadores/as de iguais, as redes de persoas que viven co VIH ou están afectadas polo virus, traballadores/as sanitarios/as da comunidade, organizacións da sociedade civil...etc) levan desenvolvendo na resposta á sida a nivel local, nacional e internacional. Dende o día 1 ata o 15 de decembro, estarán instaladas dúas mesas informativas, unha na casa do Concello e outra na Casa da Cultura, con diverso material divulgativo e informativo da dita campaña. Con estas mesas informativas queremos apoiar os esforzos que se están a realizar dende diferentes organizacións para incrementar os coñecementos frente á infección do VIH e outras Infeccións de Transmisión Sexual, promovendo sempre a igualdade de trato e a non discriminación das persoas afectadas.
29-Noviembre-2019 09:18
Info General
A Biblioteca Municipal de Ourol recomenda as seguintes novidades para nenos/as de + 3 anos.
28-Noviembre-2019 12:44
Biblioteca
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 9ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Trabada Sábado 30 de novembro 19:00 horas Entrada gratuita
27-Noviembre-2019 17:57
Cultura y ocio
Mañá martes, chegará unha borrasca ó noso concello, traerá ventos de ata 110 km/h, e durará unhas 6 horas entre as 15 e as 21 horas, ainda que o vento xa comezará a soplar esta madrugada; irá aumentando a sua intensidade; e o peor será na tarde de mañá martes. Rogamos moito coidado nos desprazamentos por estrada, así coma en espazos ó aire libre onde poden caer obxectos de fiestras, balcóns, tellados ou árbores.
25-Noviembre-2019 22:29
Protección Civil
MINUTO DE SILENCIO E LECTURA DE MANIFESTO Hoxe, 25 de novembro, Dia Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, gardarase 1 minuto de silencio diante do Concello e darase lectura dun manifesto de repulsa contra calquer acto de violencia machista. Día: 25 de novembro Lugar: Casa do Concello Hora: 12:00h
25-Noviembre-2019 09:09
Info General
Dentro da programación de actividades do Concello de Ourol para a eliminación de violencia de xénero, o domingo 24 de novembro realizaremos unha caminata e lectura de manifesto como acto de repulsa contra a violencia de xénero. Día: 24 de novembro Lugar: Paseo da Rega Hora: 11:00 h
22-Noviembre-2019 12:44
Info General
Esta semana recomendamos as seguintes lecturas de narrativa histórica.
21-Noviembre-2019 13:07
Biblioteca
O Concello de Ourol, dentro do Programa de Actividades de Sensibilización para a Eliminación da Violencia de Xénero, vai a levar a cabo hoxe pola tarde a represetación teatral "Igual a Nós": Dinamización en Igualdade e Prevención da violencia de xénero. Esta actividade consistirá nunha representación escénica de 30 minutos seguida dun debate-coloquio de 20 minutos aproximados de duración e que finalizará cunha performance contra a violencia machista. Esta actividade forma parte das diferentes actuacións que a Secretaría Xeral de Igualdade realiza dentro do Acordo de Colaboración asinado coa FEGAMP na Rede de Entidades locais contra a violencia de xénero. Día: 20 de Novembro Lugar: Edificio Multiusos Hora: 17:00 h.
20-Noviembre-2019 10:09
Servicios Sociales
Xa están dispoñibles para os socios/as da biblioteca de Ourol as últimas novidades en libros.
14-Noviembre-2019 12:27
Biblioteca
O Concello de Ourol, dentro da campaña contra a violencia de xénero, vai levar a cabo as seguintes actividades: REPRESENTACIÓN ESCÉNICA: IGUAL A NÓS. Que terá lugar o mércores día 20 de novembro ás 17:00 h. no Edificio Multiusos. II ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Que se realizará o domingo 24 de novembro ás 11:00 h. no Paseo da Rega.
12-Noviembre-2019 12:47
Info General
Este sábado no polideportivo municipal de Ourol, partido da 6ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Luisitalia (Sarria) Sábado 9 de novembro 18:00 horas Entrada gratuita
08-Noviembre-2019 14:50
Cultura y ocio
Recórdaselle a todos os votantes das parroquias de Ambosores, O Sisto, Merille e Ourol que, tal e como figura nas tarxetas censais remitidas polo Censo Electoral, a MESA ELECTORAL A, que se constituía no Grupo Escolar, cambiou a súa ubicación para o Edificio Multiusos, sito na Praza do Concello, por ter este último unha mellor accesibilidade.
08-Noviembre-2019 12:56
Info General
A Biblioteca de Ourol recomenda esta semana as seguintes lecturas destinadas aos rapaces e rapazas de 12 anos en diante.
06-Noviembre-2019 13:14
Biblioteca
AXUDAS ECONÓMICAS A FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FINS DE SEMANA EN ESTACIÓNS DE MONTAÑA
31-Octubre-2019 10:48
Servicios Sociales
Para o Samaín...
30-Octubre-2019 12:58
Biblioteca
Para todas aquelas persoas que queren inicarse na lectura recomendamos estes libros de lectura fácil. Ponte en contacto coa túa biblioteca xa que podes atopar moitos máis!
24-Octubre-2019 12:54
Biblioteca
O CONCELLO DE OUROL ORGANIZA O "ENCONTRO DE MAIORES 2019", QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO DÍA 17 DE NOVEMBRO ÁS 14:00 HORAS NO RESTAURANTE LOUZAO. ESTE ENCONTRO CONSISTIRÁ NUNHA COMIDA-BAILE PARA TODAS AQUELAS PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS EMPADROADAS NO CONCELLO DE OUROL. AS ENTRADAS SON GRATUITAS E DEBEN RECOLLERSE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE OUROL
22-Octubre-2019 13:49
Servicios Sociales
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA O PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL 2019. Ofértanse un total de 105 prazas para a Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 50 prazas no Complexo Residencial Xuvenil Lugo II (Lugo) para solicitantes da provincia de Lugo. Consiste nunha estancia (pensión completa) de 16 días (15 noites) entre os días 23 de decembro de 2019 e 7 de xaneiro de 2020. Este programa está destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas. O prazo de solicitudes remata o día 15 de novembro. Para formalización de solicitudes ou máis información poden dirixirse ó departamento de servizos sociais ou no teléfono 982559109.
21-Octubre-2019 10:09
Servicios Sociales
Este domingo no polideportivo municipal de Ourol, partido da 4ª xornada da Primeira Galicia. (Liga Provincial) SD Ourol vs Mazaricos Domingo 20 de outubro 18:00 horas Entrada gratuita
17-Octubre-2019 15:21
Cultura y ocio
O Concello de Ourol organiza a seguinte actividade:
16-Octubre-2019 12:14
Info General
A compañía de teatro Trinketrinke trae a Ourol "Paxariños", unha actividade para bebés de 0-3 anos.
15-Octubre-2019 12:29
Biblioteca