A deputación de Lugo, en colaboración do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, presta un servizo profesional de orientación socio-laboral, gratuito, dirixido aos colectivos máis desfavorecidos e/ou con dificultades económicas. Inclúe asesoramento e información sobre as seguintes materias: Prestacións, pensións, conflictos laborais, prestacións da seguridade social, prestacións por desemprego, contratación, reclamacións salarais, dereitos e deberes na relación laboral, relacións laborais de estranxeiros en España... Para solicitar unha cita de asesoramento sobre calquera destas materias debe poñerse en contacto co departamento de servizos sociais.