Charla informativa dirixida a toda a poboación sobre o Consumo Responsable
Charla informativa dirixida a toda a poboación sobre o Consumo Responsable
17-Octubre-2018 14:31
Servicios Sociales
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
17-Octubre-2018 11:56
Servicios Sociales
Segunda edición desta actividade onde os participantes realizan debuxos moi fáciles para crear imaxes bonitas. Non é necesario ter coñecementos previos de debuxo xa que do que se trata é de relaxarnos realizando sinxelos debuxos, mellorar a concentración e o benestar persoal. DESTINATARIOS: todos/as os/as interesados/as DÍA: 23 de outubro do 2018 HORA: 11:00 h LUGAR: Casa da Cultura de Ourol INSCRICIÓN: no teléfono 982 55 90 19 PROFESORA: Elisabet Hillerud
17-Octubre-2018 09:25
Biblioteca
NOVIDADES EN RELACIÓN Ó BONO SOCIAL ELÉCTRICO
16-Octubre-2018 10:46
Servicios Sociales
O Concello de Ourol adxudicou á empresa GRUPO BASCUAS 2008, S.L. as obras de mellora dos accesos á Igrexa de Xerdiz, pista de Casanova, camiño da Barrela, pista de Porto do Mendo e accesos en Anxeriz, Pazos e a Moscallos por un importe total de 53.421,90 €.
04-Octubre-2018 09:41
Obras
Hoxe saen publicadas no BOP de Lugo (num.226, luns 1 de outubro de 2018) as Bases Reguladoras Para a Concesión de Axudas para Libros de Texto e Material Escolar para Alumnado matriculado en 2º Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educacion Especial, para o curso 2018/2019. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 16 outubro de 2018. Para maior información e para a realización de solicitudes poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
01-Octubre-2018 13:05
Servicios Sociales
A biblioteca de Ourol, como xa fixo estes últimos anos, vai adquirir os libros de lectura dos colexios e institutos da contorna. Todos/as os/as estudantes interesados poden solicitar o préstamo dos libros que desexen e tamén comunicar aqueles nos que estén interesados para poder adquirilos desde a biblioteca. Teléfono de contacto: 982 55 90 19
18-Septiembre-2018 13:06
Biblioteca
O Concello de Ourol adxudicou a Don Jose Luis Diaz Canoura as obras de mellora do acceso a Dornas (Bravos) por un importe total de 1.382,26 €
12-Septiembre-2018 11:51
Obras
ANUNCIO DON JOSÉ LUIS PAJÓN CAMBA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE OUROL, PROVINCIA DE LUGO FAI SABER EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DE LISTAS DE CANDIDATOS A XURADO Con motivo do SORTEO de CANDIDATOS DO TRIBUNAL DO XURADO durante o BIENIO 2019-2020 que se celebrará o vindeiro 28 DE SETEMBRO DE 2018, o Concello mantén o servizo de consulta das listas a candidatos a Xurado entre os días 13 e 21 de setembro. Expóñense ao público nas oficinas municipais para a súa consulta polos interesados, aos efectos da presentación de reclamacións. Para levar a cabo a correcta consulta o interesado débese identificar mediante o seu DNI, pasaporte, ou permiso de conducir. O que se pon en coñecemento de todos os veciños en xeral. Ourol, 12 de setembro de 2018 O Alcalde – Presidente
12-Septiembre-2018 09:22
Info General
Reunión de convocatoria do novo curso de “EDUCANDO EN FAMILIA” que será: Día: 17 de Setembro, Hora:16:30h, Lugar: Antigo C.E.I.P. Educando en Familia é un programa educativo que vai dirixido ás familias con nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos aínda que asistan a outros centros educativos (Colexios, Escolas Infantiles-Garderías, Casa niño,…) co fin de contribuir á formación das familias e así mesmo axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.
06-Septiembre-2018 11:10
Servicios Sociales
COMEZA O CURSO DE ENTRENAMENTO DA MEMORIA PARA MAIORES. OS MÉRCORES DE 11:00 A 12:30 EDIFICIO MULTIUSOS COMEZO: O 17 DE OUTUBRO
06-Septiembre-2018 11:08
Servicios Sociales
COMEZA A ACTIVIDADE DE XIMNASIA PARA MAIORES MARTES E VENRES DE 11:00 A 12:00 H. EDIFICIO MULTIUSOS
06-Septiembre-2018 11:06
Servicios Sociales
Despois do éxito de onte, continuamos coa segunda parte das Xornadas de Historia local de Ourol. Hoxe contamos coa presenza de: Martín Fernández Vizoso: "Emigrantes de Ourol, Viveiro e A Mariña no Uruguai". José Manuel López Chao: "José María Riguera Montero, un emigrado que fixo fortuna en Montevideo". Animamos a todos os veciños e veciñas e aqueles que estean interesados a seguir participando nestas xornadas. Grazas a todos/as.
10-Agosto-2018 09:28
Biblioteca
Ás 18:00 h no Edificio Multiusos de Ourol terá lugar a primeira xornada de historia local do concello de Ourol: Anxo Vázquez Pernas: "Agricultura: séculos de cambio ata a case desaparición actual". José María Puentes Ramos: "Os camiños reais. Camiños e viaxeiros na antigüidade". Animamos a todos os veciños e veciñas e a aqueles que estén interesados a participar nestas xornadas.
09-Agosto-2018 09:23
Biblioteca
Cartel das festas patronais de Ourol.
06-Agosto-2018 14:04
Info General
O xoves, día 9 de agosto ás 11:00 hoaras, no Pavillón Municipal os rapaces/as disfrutarán da actividade "Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína": homes araña, mulleres que voan, superpoderes, máscaras... Actividade organizada pola Biblioteca Municipal dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria.
06-Agosto-2018 11:09
Biblioteca
O Concello de Ourol invita a todas as persoas interesadas a participar nas primeiras xornadas de historia local.
01-Agosto-2018 09:32
Biblioteca
Festas na honra á Nosa Señora os días 11 e 12 de Agosto
01-Agosto-2018 08:51
Cultura y ocio
Informase que o próximo sábado día 11 de agosto con motivo da celebración das Festas patronais na honra a Nosa Señora de Ourol, o concello celebrará unha cea popular. Prezo: - persoas empadroadas: GRATIS - persoas non empadroadas: 14,30 euros Todas aquelas persoas que desexen asistir deben pasar polas oficinas municipais para anotarse e retirar unha tarxeta que deben presentar o día da cea. Lembrase que a data límite para anotarse é o martes 7 de agosto.
26-Julio-2018 13:34
Info General
O Concello de Ourol está levando a cabo obras de reforma/ampliación da instalación eléctrica no Centro Social de Xerdiz (parroquia de Xerdiz).
13-Julio-2018 14:09
Obras
Hoxe, ás 11:00, Teatro Calavera traen ó concello a súa actividade "Chocolate". Os nenos/as que asisten á Ludoteca de Verán vivirán a aventura máis aloucada para procurar o mellor chocolate. Actividade organizada pola Biblioteca Municipal de Ourol dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria.
10-Julio-2018 08:21
Biblioteca
O Concello de Ourol levou a cabo orbras de acondicionamento da pista de As Lobeiras ao Curro de Candaoso, sita da parroquia de Miñotos. As obras consisten na reparación do firme.
09-Julio-2018 13:15
Obras
O Concello de Ourol vai levar a cabo actuacións de mellora na rede auga municipal; ditas actuacións localizanse en Besteburiz, Fornos e Ourol.
09-Julio-2018 13:10
Abastecimientos de agua
AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL. (Xunta de Galicia) BENEFICIARIOS: - Residir na Comunidade Autonóma de Galicia e ter a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social (que se acreditará mediante copia da factura en que figure aplicado o desconto do 40% do bono social para consumidores vulnerables severos) así como cun informe emitido polos servizos sociais. - Ser o titular do contrato da subministración eléctrica - Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable servero (descontó 40%). GASTOS SUBVENCIONABLES: - O 50% do importe das facturas de electricidade que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 15 de decembro de 2018. - A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 250 €/ano, ou de 400 €/ano no caso de familias numerosas. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 15 de decembro de 2018 Para máis información e/ou presentación de solicitudes pode dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ó 982559109.
05-Julio-2018 10:01
Servicios Sociales
A Piscina Municipal de Ourol abre as súas portas desde o día 1 de xullo ata o 15 de setembro; en horario de 13:00 h a 21:00 h.
29-Junio-2018 08:50
Info General