Lembrade que hoxe día 29 de novembro estará con nós Berta Ojea actriz da serie de tv RAPA.
Será ás 18:30 h no Edificio Multiusos de Ourol.
Anímate a acudir a este encontro para coñecer a Berta e falar con ela.
A entrada é libre e gratuíta.
Lembrade que hoxe día 29 de novembro estará con nós Berta Ojea actriz da serie de tv RAPA.
Será ás 18:30 h no Edificio Multiusos de Ourol.
Anímate a acudir a este encontro para coñecer a Berta e falar con ela.
A entrada é libre e gratuíta.
29-Noviembre-2023 09:22
Biblioteca
Comunicamos que aínda quedan Prazas Libres para anotarse na Actividade de Ioga que se está a levar a cabo os mércores en horario de 10:30 a 11:30 no Edificio Multiusos. Aquelas persoas que estén interesadas en participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)
29-Noviembre-2023 09:05
Servicios Sociales
Lembrade que este mércores día 29 de novembro estará con nós Berta Ojea actriz da serie de tv RAPA.
Será ás 18:30 h no Edificio Multiusos de Ourol.
Anímate a acudir a este encontro para coñecer a Berta e falar con ela.
A entrada é libre e gratuíta.
27-Noviembre-2023 12:05
Biblioteca
A actriz Berta Ojea é sen dúbida unha das mellores actrices do cine español. Traballou en películas como Mortadelo y Filemón, La voz dormida de Benito Zambrano, Ochocientas balas de Álex de la Iglesia, El espinazo del diablo de Guillermo del Toro. En televisión traballou nas series RAPA, La que se avecina, La Reina del Sur, La Señora, A vida por diante, Aquí no hay quien viva, Hospital Central, Manos a la obra. Tamén fixo teatro e musicais e acaba de de ser galardoada co premio Mestre Mateo a mellor actriz de reparto pola súa interpretación na serie RAPA.
Estará en Ourol o vindeiro día 29 de novembro ás 18:30 no edificio multiusos. A entrada é libre e gratuíta
23-Noviembre-2023 10:27
Biblioteca
Mañá día 23 de novembro ás 18:30 estará en Ourol o mago Pedro Bugarín co seu novo show de maxia 1, 2, 3...
No edificio multiusos
Para nenos/as a partir de 3 anos e familias.
Anótate no enlace habilitado na páxina de facebook do concello , aínda estás a tempo!
Máis información no teléfono 982 55 90 19 ou no 608694051
22-Noviembre-2023 09:11
Biblioteca
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, organiza este programa destinado ás persoas maiores que se atopen soas nas datas de Nadal, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
O prazo de presentación de soliciutudes estará aberto ata o día 8 de decembro de 2023 (incluído)
Este programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2023 e o día 7 de xaneiro de 2024 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).
O programa comprende os seguintes servizos:
Estancia na residencia durante 15 días (14 noites).Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais previo informe médico que acredite a súa necesidade.Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 24 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982559109/677489457.
20-Noviembre-2023 08:48
Servicios Sociales
O Concello de Ourol organiza a V Andaina contra a Violencia de Xénero que terá lugar o vindeiro 24 de novembro de 2023 ás 12:30 no Paseo da Rega.
17-Noviembre-2023 14:24
Servicios Sociales
O próximo día 23 de novembro estará con nós o mago Pedro Bugarín co seu novo show 1, 2, 3..
Un espectáculo cheo de maxia, xogos, música e diversión...
Para nenos e nenas a partir de 3 anos e familias
No Edificio Multiusos de Ourol ás 18:30 h
Enlace para a inscrición:
https://forms.gle/CAJnENaM3du2FfRj9
17-Noviembre-2023 10:23
Biblioteca
O Concello de Ourol organiza unha serie de actividades con motivo do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, que se levarán a cabo entre os días 23 e 29 de novembro.
16-Noviembre-2023 13:59
Servicios Sociales
Mañá mercores (1 de novembro) chegará a borrasca profunda (ciclogénesis explosiva) Ciarán ó noso concello, traerá ventos de 110 km/h con rachas huracanadas que poden pasar os 150 km/h, as peores horas serán dende as 18 horas (6 da tarde) ata as 3 da madrugada, ainda que o vento xa comezará a soplar as 15 horas (3 da tarde), ademais virá acompañado de choivas moi intensas. Pregamos non sair das casas entre as 18 horas e as 3 da madrugada do mercores ó xoves, non sendo por extrema necesidade, en caso de ter que sair moito coidado nas estradas; xa que pode haber ramas, arbores bolsas de auga e zonas asolagadas.
Pechar e asegurar portas, xanelas ou toldos para evitar danos nas propiedades, e retirar macetas ou obxectos que poidan caer a rua.
En caso de desprazamentos levar o teléfono móvil con un e con batería a tope, nas vivendas ter unha radio con pilas (por si falla o suministro eléctrico) para estar informado da evolución de temporal.
31-Octubre-2023 16:47
Protección Civil
Está exposta na sede electrónica e taboleiro de anuncios do Concello de Ourol a corrección de erros das bases de selección de persoal docente e administrador para o obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII
30-Octubre-2023 14:45
Emprego
Abrese un prazo de quince días hábiles (Ata o 20 de novembro) para que as persoas interesadas, e reúnan as condicións legais, poidan solicitado por escrito dirixido a Alcaldia
Fonte de información: BOP nº 248 de 28/10/2023
30-Octubre-2023 10:09
Info General
Están expostas as bases de selección do director/a, persoal docente e administrador/a do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.
Os postos convocados son:
- 1 director do obradoiro
- 2 monitores/as de carpintaría de madeira
- 1 monitor/a sociosanitaria
- 1 administrador/a a media xornada
Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo e co seguinte horario :
- Director: 13 de novembro ás 9:30 horas
- Administrador/a: 13 de novembro ás 10:30 horas
- Monitor/a de atención sociosanitaria: 13 de novembro ás 11:30 horas
- Monitores/as de carpintaría de madeira: 13 de novembro ás 12:30 horas
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
27-Octubre-2023 14:25
Emprego
PROGRAMA #DESCUBREGALICIAEN OUTONO A TRAVÉS DE BONOS TURÍSTICOS 2023
OBXECTIVO: Incentivar a demanda do sector
ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE: Subvencionaranse os servizos que presten os establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues da Comunidade Autónoma de Galicia consistentes nunha estancia mínima dunha noite nos ditos aloxamentos turísticos. Quedan expresasmente fóra do programa as vivendas de uso turístico.
Son tamén subvencionables os paquetes turísticos que oferten as axencias de viaxes.
BONO TURÍSTICO:
Cada bono terá a consideración de bono descontó por valor de 100€, para gastar nos aloxamentos realizados nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes adheridos, que se irá reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor do gasto, dacordo co seguinte criterio: descontó 40% do gasto realizado hasta un máximo de desconto de 100 euros. Todas as cuantías entendense co IVA incluido.
Os bonos estarán dispoñibles para os usuarios desde as 9:00 horas do día 27 de outubro ata o 15 de decembro de 2023, ou ata esgotamento do crédito. A súa validez extenderase ata o 25 de decembro de 2023, e pode descargarse na seguinte páxina web: https://www.bonoturismo.gal/
ALOXAMENTOS TURÍSTICOS E AXENCIAS DE VIAXES QUE QUEIRAN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA: desde hoxe día 20 de outubro e ata o 1 de decembro de 2023, os establecementos poderán solicitado na web https://www.bonoturismo.gal/
Requisitos para poder adherirse:
-Estar de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT)
FUNCIONAMENTO DOS BONOS:
- Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os establecementos adheridos terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, no momento do pago, o terán que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final do gasto realizado.
INFORMACION:
https://www.bonoturismo.gal/
Nos teléfonos 981-546358 e 981-546420
No enderezo electrónico: xurídico.turismo@xunta.gal
20-Octubre-2023 14:26
Emprego
Organiza: APE GALICIA (Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia)
Obxecto: Facilitar as claves para a dixitalización dos negocios e unha guía das axudas dispoñibles na actualidade.
Día: Mércores 25 de outubro de 2023
Horario: De 20:00 a 21:30 h.
Lugar: Pazo Santomé (antigo Centro Comarcal) de Mondoñedo
A xornada é gratuita
Por motivos de aforo agradécese a confirmación da asistencia chamando ao 986-891657
20-Octubre-2023 08:59
Emprego
Están expostas as bases de selección dos/as alumnos/as participantes do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.
Ao concello de Ourol correspóndenlle 6 alumnos/as (3 de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 3 de carpintaría de madeira)
Selección: A selección dos postos será os seguintes días no Centro Sociocultural do Concello do Vicedo e co seguinte horario :
- Alumnos módulo de carpintaría de madeira: 23 de outubro ás 10:00 horas
- Alumnos módulo de sociosanitaria: 24 de outubro ás 10:00 horas
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
16-Octubre-2023 13:34
Emprego
O Concello de Ourol organiza en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade.
O obxectivo deste curso é proporcionar información e aclarar dúbidas con relación á nova regulación legal sobre a capacidade xurídica das persoas con demencia (medidas de apoio no ámbito persoal, patrimonial e económico).
Para anotarse:
No departamento de servizos sociais do Concello de Ourol (982559109 / 677489457)
A través da web https://escolasaude.sergas.es
06-Octubre-2023 13:22
Servicios Sociales
O vindeiro martes 10 de outubro de 2023 ás 18:00 horas terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Ourol unha reunión informativa dirixida a todos/as os veciños/as que desexen asistir, no que estará presente o Delegado da zona norte da empresa ADAMO (Empresa que está efecutando a implantación da fibra óptica ) para informar aos veciños/as de como se está desplegado e efectuando a instalación da fibra óptica no Concello de Ourol e responder as dúbidas e consultas que poidan xurdir entre os veciños/as
05-Octubre-2023 13:42
Info General
Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor VII”.
Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.
A duración do obradoiro é de 12 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, correspondendo 6 a este concello distribuídos nas seguintes especialidades:
- Traballos de carpintería e moble: 3 alumnos/as
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 3 alumnos/as
Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados/as e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas.
Para acceder a calquera das dúas especialidades requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente.
Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director/a, tres monitores/as e un administrativo/a.
Os interesados/as deberán pasar canto antes polo Concello de Ourol ou a Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
03-Octubre-2023 14:07
Emprego
A Consellería de Economía, Empresa e Innovación vai abrir próximamente o prazo para a segunda convocatoria da solicitude dos Bonos Activa Comercio do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas
OBXECTO:
Incentivar a demanda comercial axudando económicamente as persoas consumidoras a fomentar o cunsumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.
COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS:
No prazo que vai do día 30/09/2023 ata o 15/12/2023, os establecementos minoristas interesados poderán solicitalo na web https://bonosactivacomercio.gal.
Requisitos para poder adherirse:
- Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.
- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.
- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen na orde publicada no DOG nº 186 de 29/09/2023.
CONDICIÓNS DE USO DOS BONOS:
Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta previamente na web https://bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información: Nome e apelidos, Localidade de residencia, Maioría de idade, DNI, Tfno móvil, Correo electrónico.
Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios comercios retallistas adheridos ao programa.
Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obter os seguintes descontos:
- Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
- Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
- Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 € (IVE incluído).
DATA DE ACTIVACIÓN DOS BONOS:
Os bonos estarán disponibles na web https://bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 9 de outubro de 2023 e terán unha validez ata o 31 de decembro de 2023
O programa Bonos Activa Comercio estará vixente ata o 31 de decembro de 2023.
INFORMA:
Orde do 13 de setembro de 2023 da Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 186 de data de 29/09/2023)
Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
29-Septiembre-2023 11:52
Emprego
OBXECTO:
Axudas destinadas a financiar, no curso académico 2023/24, os gastos derivados da matrícula nun master universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia, a persoas desempregadas con titulación universitaria.
REQUISITOS:
- Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
- Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2022.
- Estar matriculado cu curso académico 2023/24 nun master universitario oficial ofertado pola universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
- Non estar incluídos nos casos de beneficios e exención total de matrícula.
- Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
CONTÍA DA AXUDA:
A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do master universitario oficial segundo os presos públicos establecidos no anexo do Decreto 98/2023, do 22 de xuño, polo que se fixan os presos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2023/24.
Para os incluídos nos puntos 2 e 3 do anexo do decreto a contía máxima asignada será de 835,80 € para os epígrafes A) e, de 591,00 € para os dos epígrafes B).
A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 23 de outubro de 2023
INFORMA: Orde do 14 de setembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG nº 181 de data de 22/09/2023)
25-Septiembre-2023 10:39
Info General
AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2022-2023)
BENEFICIARIOS:
Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.
Quedas excluídos destas axudas aqueles estudantes que puideron ser solicitantes da “Tarxeta Xente Nova” da Xunta de Galicia, durante o Curso 2022-2023.
Aqueles estudantes que, por causa da idade se viran excluídos durante o Curso 2022-2023, do ámbito de aplicación da “Tarxeta Xente Nova”, poderán solicitar estas axudas, polos meses do Curso que se viran excluídos, (considerarase que o Curso vai dente setembro a xullo).
REQUISITOS:
- Estar empadroado no Concello de Ourol
- Figurar matriculado no curso académico 2022-2023 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.
TIPO DE AXUDAS:
Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios:
- De 1 Km a 15 Km ........................ 120 €
- De 15 Km a 50 Km .......................150 €
- De 50 Km a 175 Km .....................200 €
- De máis de 175 Km ..................... 250 €
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 9 de outubro de 2023
DOCUMENTACION A APORTAR:
- Modelo de solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo/a interesado/a (se é menor de idade, polo seu pai, nai ou titor)
- Fotocopia do DNI do/a solicitante debidamente cotexado co seu orixinal.
- Certificación bancaria da conta corrente do interesado
Xustificación para o cobro da axuda:
1.- Para os alumnos universitarios:
1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.
1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2022-2023.
1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos
2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:
2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2022-2023.
INFORMA:
Bases reguladoras publicadas no BOP nº 220 de data de 23/09/2023
Concello de Ourol en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
O modelo de solicitude atópase a disposición dos interesados/as na sede electronica do concello de Ourol (https://concellodeourol.sedelectronica.es)
25-Septiembre-2023 09:34
Info General
O Concello de Ourol organiza unha ACTIVIDADE DE IOGA PARA MAIORES co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional.
As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 no Edificio Multiusos e darán comezo o día 4 de outubro de 2023.
Prazo e lugar de Inscrición: ata o 29 de setembro no departamento de Servizos Sociais (982559109/677489457).
Será requisito para participar estar empadroado no concello de Ourol.
Para realizar esta actividade será necesario formar un grupo mínimo de 10 persoas.
18-Septiembre-2023 14:15
Servicios Sociales
Está aberto o prazo de solicitude para o Programa Benestar en Balnearios 2023 da Xunta de Galicia, dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, debe reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
O desenvolvemento do programa terá lugar durante o período comprendido entre o 22 outubro e o 31 de decembro do ano 2023.
Ofértanse estancias de 10 días (9 noites) en balnearios das 4 provincia galegas en réxime de pensión completa.
O prazo de solicitude remata o vindeiro 18 de outubro de 2023.
Os prezos por praza oscilan entre os 269,17€ e 377,89€.
Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
18-Septiembre-2023 13:23
Servicios Sociales
FIN DE PRAZO DAS AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO: VENRES 15 DE SETEMBRO
Máis información e presentación de solicitudes no Departamento de servizos sociais (982559109/677486457)
13-Septiembre-2023 14:04
Servicios Sociales